Skip to Content

Nancy Wake

Actividades da promoción 2014

A TOXINA NOS POLÍGONOS DA RÍA DE AROUSA

Fai unhas semanas vimos nos medios de comunicación galegos que os polígonos bateeiros da nosa Ría de Arousa atopábanse pechados pola aparición da toxina en algún deses bancos de bateas.

Todo isto chamounos a atención, por iso investigamos na internete que era iso da "toxina": como a podemos ver, onde se atopa, que forma ten, que empregamos para velo, onde investigan iso, que nos produce...

Pois ben, despois de tanto investigar, aprendemos o seguinte:

POLBO XIGANTE

Outra das manualidades que fixemos este curso foi o polbo xigante que temos no medio do corredor para que nos vixíe!

Todo aquel nen@ que se porte mal... o polbo o atrapará!!!

PEIXES VOADORES

Esta semana estamos elaborando uns peixes voadores feitos cos cartóns de papel de cociña. Aínda está en proceso, pero xa vos ensinaremos o resultado final. Seguro que nos quedan chulísimos!

DECORACIÓN DE PASILLO

A inicio de curso realizamos diversas manualidades con distintos materiais como: platos de cartón, botellas de plástico, tubos de fontanería, plastilina, masilla,etc. para poder decorar os nosos pasillos.

Esperamos que vos guste o resultado!

 

FITOPLANCTON E TOXINA

Despois de ver no xornal e na tv que os bancos de bateas da Ría de Arousa estaban cerradas pola toxina, decidimos investigar no EDi o que era a toxina do mexillón. Buscamos información e vimos que o mexillón se alimenta do fitoplancton que hai na auga e que este só se pode ver a través dun microoscopio nos laboratorios da Consellería de Pesca.

Falamos e vimos imaxes de todo isto, e despois de facer algunha actividade impresa, decidimos representar o noso propio fitoplancton pintando un folio con témpera verde coa axuda de pedras. Logo, fixemos as distintas formas (círculos, cadrados e rectángulos) con papel transparente para representar mellor a primeira imaxe do fitoplancton.

 

 

TIPOS DE PESCA

Boa tarde!

Fai dúas semanas, cando comezamos a investigar sobre que era un "porto", xurdiron varias preguntas despois de que a mestra falara sobre "a pesca de altura": Que é iso? pescan voando? pescan cunha grúa? (opinións e ideas da aula).

Foi entón, cando buscando barcos na internete vimos que había barcos máis grandes que outros, uns levaban pasaxeiros e outros pescaban, uns quedaban cerca da costa (rías) e outros marchaban durante meses ó "Gran Sol" a Irlanda, a Noruega...

Pois ben, a mestra fixo este pequeno esquema para que nos quedara claro a nós e a todo o alumnado do colexio.

Nós xa o temos claro, e vós?

Esperamos que vos sexa realmente útil!

 

 

Guardar

PARCHÍS "O MAR DE SABELA"

Boa tarde!

Na aula de 5 anos estamos pintando o noso novo xogo de mesa "PARCHÍS: O mar de Sabela".

Despois de pegalo en cartón e plastificalo, aprenderemos as súas regras para poder xogar con el.

Gustaríanos deixalo aquí para todos os que queirades imprimilo e colorealo na casa. Así tamén podedes xogar con el na casa!

MURAL "O PORTO"

A semana pasada rematamos o noso mural "O PORTO", xa que diariamente, despois de facer as nosas tarefas, dedicámonos a debuxar, pintar e decorar o mural.

Agora mesmo está exposto na entrada da Biblioteca e da aula da ANPA para todos aqueles que queiran observar as partes dun porto, o tipo de embarcacións e outros aparellos que podemos atopar no mesmo.

Esperamos que vos guste e que vos sexa de gran interese!

Distribuir contido


by Dr. Radut