Skip to Content

Nancy Wake

Actividades da promoción 2014

CUMPREANOS DE OUTUBRO E NOVEMBRO

Ola amigos e amigas!

 

 

Deixámosvos aquí as fotos dos cumpreanos celebrados nos meses  de Outubro e Novembro.

Pasámolo moi ben comendo os doces dos compañeiros.

 

Grazas chicos!

 

O Outono no noso cole

 O Outono chegou ao noso cole,e aproveitamos o bo tempo para saír ao patio a xogar coas follas caídas das árbores.Pasámolo moi ben!!!!!!

 

o outono no cole from CEIP Rubians on Vimeo.

Os aniversarios

Os aniversarios dos meses de Setembro e Outubro foron de Jack,Guadalupe e Mónica.Felicidades!!!!  

MAGOSTO 2015

Os nenos de 5 anos psámolo moi ben no Magosto,comemos castañas asadas,participamos en xogos que preparou o profe Breogán e bailamos coas cancións do profe Borja.

 

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO

Ola amig@s!

A semana pasada rematou o mes de Setembro. Pero ese fantástico mes deixounos dous aniversarios moi especiais... o de Kiara e Daniela!

Aquí vos deixamos algunhas fotos.

Esperamos que vos gusten!

 

A MIÑA CLASE DE 5 ANOS

Este ano a nosa clase lavou a cara,pintárona enteira e puxéronlle corcho nunha das paredes.Amosamos un anaco dela co noso súper e o rincón do xogo simbólico.Tamén estreamos material,cada un de nós este ano traballará coa sua caixiña xa que agora somos "maiores".

PIRATAS METEPATAS!

Comezamos!

E que mellor forma de facelo que sendo piratas!

Os nenos e nenas de 5º e 6º de educación infantil comezamos o curso 2015-16 cunha búsqueda do tesouro. Pasámolo xenial! Buscamos pistas por todo o patio que nos levaron directamente ó tesouro pasando por pontes, un campo de globos, a casa da eiruga xigante... 

Aquí vos deixamos un pequeno recordatorio. Esperamos que vos guste tanto como a nós!

 

PIRATA from CEIP Rubians on Vimeo.

QUE OBSERVAMOS NO BOSQUE?

Onte continuamos traballando sobre o bosque a través dun mural.

A mestra repartiunos unhas tarxetas con nomes de obxectos, animais, tipos de vexetación e outras cousas que podemos atopar no monte.

Ela ía dicíndo e señalando os debuxos, e ó mesmo tempo axudavanos a recoñecer a primeira letra das nosas palabras (pintada en vermello) para que nós, pegaramos as palabras no mural.

Onte costounos un pouquiño, pero seguro que co paso das semanas recoñeceremos mellor as letras e as palabras!

 

 

 

REXISTRO DO TEMPO ATMOSFÉRICO

Como estades amig@s?

Como chove verdade? Buffff... Pois os nenos e nenas de 4 anos decidimos facer un pequeno e fácil rexistro do tempo atmosférico para a nosa clase.

Neste rexistro teremos que escribir:

  1. o nome do engargado/a;
  2. o día da semana;
  3. o tempo que fai ese día.

Ó rematar o mes, contaremos os días de sol, choiva, sol con nubes, días nubrados e días de neve.

Deixámosvos aquí os primeiros rexistros en imaxes.

Distribuir contido


by Dr. Radut