Actividades

A paz nas ondas desde AN1DJ

Grazas á paciencia, xenerosidade  e profesionalidade de Miguel, Xavier e José Luís de ASORAPA puidemos transmitir  desde o noso indicativo especial para este día AN1DJ as nosas mensaxes de paz e bos desexos con outros centros educativos de Orihuela, Motril, Rincón de la Victoria...

Visita da SD Teucro

Aquí tedes un video que recolle parte  da visita dos representantes da SD Teucro:

https://vimeo.com/52325175

Mención especial para un dos nosos traballos!

O xurado decidiu outorgar unha mención especial para un dos traballos que se elaboraron para o certame de "Nós tamén creamos". Foron moitas horas de traballo de María e Amparo cos seus alumnos de EI, e tamén de Maica, Camito e Adriana co seu alumnado, este equipo de EP foi o que acadou a mención especial que recollerán en Santiago o vindeiro xoves.

Xincana literaria: Valentín Paz Andrade na voz da xente

Xincana Valentín Paz-Andrade

O pasado martes 22, no Pazo de Cultura divertímonos e aprendemos moito na Xincana literaria: Valentín Paz Andrade na voz da xente, na que participamos partillando co CEIP Santo André de Xeve, grazas á Concellería de Normalización do Concello de Pontevedra.

Deporte e alimentación

En colaboración co Concello e coa SDTeucro tivemos esta interesante actividade

Distribuir contido