Estela d' Angelo no noso cole

 

 

O pasado mércores 6,no marco do PFPP en colaboración co CFR, tivemos a sorte de contar cunha profe especial, que realizou actividades nas aulas de 2º, 3º e 5º ás que asistimos todo o profesorado para vermos o traballo de Estela d'Angelo, de quen deixamos unhas breves notas da súa biografía: 

Doutora en Ciencias da Educación pola Universidade Complutense de Madrid (UCM) e profesora titular de universidade na mesma. Presidenta da Asociación Española de Lectura e Escritura (AELE), desde onde xestiona o desenvolvemento de programas centrados en prácticas da linguaxe escrita destinados á poboación infantil e xuvenil. Directora do Grupo de Investigación consolidado na UCM, Diversidade e Competencias Comunicativas, e coordinadora da Rede Iberoamericana de Investigación do mesmo Grupo. Posúe unha ampla traxectoria investigadora e de produción científico-técnica, e é autora de distintos materiais bibliográficos, conferenciante a nivel nacional e internacional e especialista en procesos de formación permanente dos profesionais da educación.

www.asociacionaele.org

www.clubescrituratelemaco.org

http://www.ucm.es/info/giccomunicativas