Animación á lectura

Escribimos a catro mans: Mª José Ferrada e Ricardo Gómez

Ricardo falou de moitas cousas, pero tamén de “Ojo de Nube” ese libro que nos fixo un chisquiño máis “indios”, e tamén viñeron algunhas nais/pais, pena que foi pouco tempo!

Mención especial para un dos nosos traballos!

O xurado decidiu outorgar unha mención especial para un dos traballos que se elaboraron para o certame de "Nós tamén creamos". Foron moitas horas de traballo de María e Amparo cos seus alumnos de EI, e tamén de Maica, Camito e Adriana co seu alumnado, este equipo de EP foi o que acadou a mención especial que recollerán en Santiago o vindeiro xoves.

Xincana literaria: Valentín Paz Andrade na voz da xente

Xincana Valentín Paz-Andrade

O pasado martes 22, no Pazo de Cultura divertímonos e aprendemos moito na Xincana literaria: Valentín Paz Andrade na voz da xente, na que participamos partillando co CEIP Santo André de Xeve, grazas á Concellería de Normalización do Concello de Pontevedra.

A nosa biblioteca

Entra na nosa biblioteca e consulta o noso catalogo ou deixanos un comentario dalgún libro que che gustara.

Distribuir contido