Mención especial para un dos nosos traballos!

O xurado decidiu outorgar unha mención especial para un dos traballos que se elaboraron para o certame de "Nós tamén creamos". Foron moitas horas de traballo de María e Amparo cos seus alumnos de EI, e tamén de Maica, Camito e Adriana co seu alumnado, este equipo de EP foi o que acadou a mención especial que recollerán en Santiago o vindeiro xoves.

Parabéns moi merecidos para todas estas profes e o seu alumnado, os seus traballos aí están para ledicia de todos.