Achéganse as instrucións relativas ao rexistro das solicitudes de admisión (código de procedemento ED550B), no que con carácter xeral, o prazo de presentación de solicitudes por parte das familias será entre os días 1 e 21 de marzo.
Este prazo é unicamente é para alumnado que se incorpore novo ao centro: 4º de educación Infantil (3 anos) ou calquera outro alumno/a doutro curso que esté escolarizado noutro centro e desexe trasladarse ao noso.
Calendario do proceso e documentación que se presentará para reservar e formalizar a matrícula
Na secretaría do centro estarán a súa disposición os cartafoles de matrícula, información e documentos necesarios a partir do xoves 3 de marzo.
Igualmente infórmase de que as instrucións anuais da Dirección Xeral están colgadas no menú AXUDA da ferramenta admisionalumnado.
Finalmente, os modelos normalilzados de solicitude, están dispoñibles na propia ferramenta, e na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
Tríptico informativo sobre a organización do centro
Todas as familias interesadas na solicitude de matrícula dos seus fillos/as para o vindeiro curso 2022-2023 no CEIP PLURILINGÜE SAN ROQUE DE DARBO,poden consultar a información relativa a organización e funcionamento do centro facendo clic na imaxe. Para calquera consulta sigan as instrucións dadas no documento.