Skip to Content

A HISTORIA DA RADIO

Con motivo do día internacional da radio, os nenos e nenas de 5º e 6º que traballan coas profes Bego (unha das nosas especialistas en pedagoxía terapéutica) e María (unha das nosas especialistas en audición e linguaxe) fixeron un gran traballo de investigación sobre a radio que presentan neste vídeo (Pincha na imaxe).

 

FESTA DE ANTROIDO

 

O VENRES 17 DE FEBREIRO FAREMOS O DESFILE DE ANTROIDO NOS ARREDORES DO COLEXIO. 

A PARTIR DAS 12.30 HORAS.

ESTADES TOD@S INVITAD@S

Menú de comedor: febreiro 2023

RADIO DARBO

 

Estimadas familias

No cole estreamos a nosa propia radio escolar!! Nela os nenos e nenas falarán de todo o que suceda no cole: as noticias mais relevantes, contarán contos, falarán de música, faremos programas relacionados coas conmemoracións ou co proxecto do cole…. De todo o que se lles ocorra!!

A radio chamarase RADIO DARBO e estará aloxada na plataforma de internet IVOOX.

Para poder escoitar os programas temos dúas maneiras:

        Aparecerá o logo co “colibriño” e o programa titulado RADIO DARBO e dentro estarán os programas feitos polos nenos e nenas.

        Podedes ir directamente á dirección:    

https://www.ivoox.com/podcast-radio-darbo_sq_f11812142_1.html

  • A segunda maneira é a través do móbil descargando a aplicación IVOOX na play store

      Unha vez descargada tedes que rexistrarvos cun usuario e un contrasinal

      Cando estedes rexistrados podedes buscar no buscador RADIO DARBO

      Cando atopedes o canal podedes darlle a SUSCRIBIR así desta maneira recibiredes unha notificación no móbil cada vez que colguemos un programa.

 

Na páxina web do cole teredes tamén un acceso directo ao canal.

A idea é que todas as semanas saia, alomenos, un programa semanal.

Esperamos que vos guste e que a desfrutedes!!!

 

Reserva de praza no IES Monte Carrasco

 

 

 

 

 

Menú de comedor: xaneiro 2023

FELICES FESTAS

Canción do Festival de Nadal

 
 
 
 
 
 

Menú de comedor: decembro 2022

Distribuir contido


by Dr. Radut