Skip to Content

MERENDAS RESIDUOS CERO

DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS

O pasado mércores 4 de outubro, Día Mundial dos Animais, o colexio levou a cabo unha campaña de recollidade comida e outras cousas necesarias para as asociacións de animais do Morrazo. Dende o Equipo de Biblioteca e en nome de todo o colexio queremos agradecer tan boa acollida, á vista está que a implicación foi enorme. Grazas pola vosa solidariedade.

      

Menú do comedor escolar: outubro

DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS

O día 4 de outubro, Día Mundial dos Animais, o Equipo de Biblioteca levará a cabo unha actividade solidaria.
O alumnado que queira participar deberá traer algún dos produtos indicados (comida para gatos ou produtos de limpeza: lixivia, friegasuelos, vasoiras...)  para a protectora do Morrazo ou Colonias Canguesas e, a cambio, escollerá un libro para levar a casa. A actividade está deseñada para facer un servizo á comunidade e, á súa vez, darlle unha nova vida a aqueles libros que foron descatalogados na biblioteca.

A actividade levarase a cabo na semana do 2 ao 6 de outubro.

Agradecemos a vosa colaboración.

BENVIDA AO NOVO CURSO ESCOLAR

 

Estimadas familias:

 

O luns 11 de setembro, primeiro día de clase do novo curso escolar, teremos unha festa de benvida “Holi Party” organizada pola ANPA. A festa consiste no lanzamento de polvos de cores (biodegradables e inocuos), polo que aconsellamos traer roupa vella e gafas de piscina (optativo). Ademais, os usuarios de transporte e comedor deberán traer unha muda de roupa, por si fose necesario.

 

- De 9.25 a 11.30 horas: Presentación e subida ás aulas.

 

- De 11.30 a 12.00 horas: Recreo / merenda.

 

- De 12.00 a 14.00 horas: Holy Party

 

- De 14.00 a 14.25 horas: Subida ás aulas e despedida.

 

 

O servizo de comedor escolar e transporte funcionarán desde o mesmo luns 11 de setembro.

 

A partir do martes 12 as clases desenvolveranse con normalidade.

 

ADEMAIS, PODEN CONSULTAR AS NORMAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA E O DOCUMENTO INFORMATIVO PARA O CURSO 23-24  NOS SEGUINTES ADXUNTOS.

 

Menú do comedor escolar: setembro

STOP MOTION: "O CASCABEL DA GATA"

Dentro do Plan Proxecta promovido pola Consellería de Educación, o alumnado de 2º A participou no programa "Nós tamén creamos", elaborando a curta "O cascabel da gata", coa técnica Stop Motion.

 

 

 

 

PREME AQUÍ PARA VER O MAKING OFF DE COMO SE FIXO

LISTAXES ADMITIDOS COMEDOR

Estimadas familias. Xa están publicadas no taboleiro do centro as listaxes de alumnado admitido no servizo de comedor para o vindeiro curso 2023-2024. TODAS as solicitudes presentadas foron admitidas. Así mesmo informamos que xa está aberto o prazo para entregar na secretaría do centro o Anexo II: modelo de autodeclaración e especificacións necesario para fixar a contía a pagar polo servizo de comedor. Podedes entregar este Anexo ata o día 11 de xullo ou ben entre o 1 e o 5 de setembro de 2023.

Para cubrir esta autodeclaración podedes axudarvos da aplicación da Xunta que atopades no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

Recordade que é requisito IMPRESCINDIBLE estar ao corrente no pago dos recibos do curso 2022-2023, xa que de non ser así perderase o dereito a praza de comedor.

 

LISTAXE LIBROS CURSO 2023-2024

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Cada titor/titora entregará a principio de curso a listaxe co material de cada grupo clase.

Distribuir contido


by Dr. Radut