Blogues

VOLTA AO COLE

Despois destas merecidas vacacións, voltamos ao cole cargadas e cargados de enerxía o vindeiro 11 de setembro de 2023, no horario habitual do noso cole (9:00-14:00 horas).

Vémonos pronto

RECOLLIDA DE VALES FONDO LIBROS PARA O CURSO 2023-24

Recordamos que as familias que non pasaron polo centro a recoller os vales para a axuda de adquisición de libros e de material. Volverá abrirse o prazo para a recollida nos primeiros días do mes de setembro. 

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDO LIBROS

Informamos que xa están publicadas no taboleiro do centro as listaxes definitivas de admitidos e exluídos no fondo solidario de libros de texto para o curso escolar 2023/24.

Prazos:

  • Entrega dos vales de libros e material aos solicitantes que teñen dereito: 3, 4 e 5 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas.
  • Primeiros días de setembro: Entrega dos libros asignados ao alumnado.

LISTAXES PROVISIONAIS DE FONDO LIBROS

 

Informamos que xa están publicadas no taboleiro do centro as listaxes provisionais de admitidos e exluídos no fondo solidario de libros de texto para o curso escolar 2023/24.

Prazos:

  • Período de reclamacións á adxudicación provisonal: 28 e 29 de xuño de 2023.
  • Publicación da resolución definitiva no taboleiro do centro: 30 de xuño de 2023.
  • Entrega dos vales de libros e material aos solicitantes que teñen dereito: 3, 4 e 5 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas.
  • Primeiros días de setembro: Entrega dos libros asignados ao alumnado.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2023/24

Recordamos que o prazo para a formalizaicón da matrícula do curso 2023 - 2024 vai desde o 20 ao 30 de xuño de 2023. Para poder formalizar a matrícula, a documentación necesaria será:

  • Anexo III Debidamente cuberto e asinado.
  • 4 fotos tamaño carné (nome e apelidos por detrás)
  • Fotocopia da cartilla de vacinas.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Certificado de alerxias ou intolerancias (de ser o caso).

LISTAXE DE LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2023-2024

Xa podedes consultar a listaxe de libros e matarial para o vindeiro curso. 

Podedes velo pinchando na imaxe

XORNADA DE PORTAS ABERTAS VIRTUAL

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

CONVIDÁMOSVOS A VER O NOSO CENTRO

Reserva de praza para o IES

Bo día, familias:

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Plurilingüe Santa María que durante o curso 2023/2024 desexe cursar 1º da ESO no IES Moncho Valcarce, centro ao que estamos adscritos, deberá efectuar a reserva de praza entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro.

Pinchando en admisiónalumnado 

No menú lateral Solicitudes>Reserva>Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia, para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital.

Tamén pode cumplimentar a solicitude de xeito manual empregando o formulario que sigue, entregándose este no centro. 

Para descargar o documento preme no ANEXO I

Un saúdo

ENTRADAS AO CENTRO

Informámosvos que debido as obras na praza América que está en fronte do colexio e por motivos de seguridade a porta principal quedará inhabilitada co cal a única porta de entrada será a da cancela grande do patio.

Durante o horario lectivo esta cancela grande permanecerá pechada polo que teredes que chamar por teléfono ao centro para que vola abran.

Os télefonos do centro son os seguintes:

- 881930071 (Secretaría)

- 881930070 (Dirección)

Este será o procedemento mentres non se poña un timbre ou porteiro na cancela grande.

Sentimos calquera inconveniente causado.

Distribuir contido