Curso 2008-2009

Xornadas do deporte na escola

Este curso 2008/09, coma en anos anteriores participamos no programa "Deporte na escola", co 3º ciclo de primaria:este xa é o terceiro ano e os nenos/as están moi ilusionados coas xornadas.

Participamos por 1ª vez este curso nunha xornada de campo a través, que tivo lugar na Carballeira da Fraga (foi o 22 de outubro).

Os encontros ou xornadas tiveron lugar os seguintes días.

6 de novembro ......................A Fraga.

3 de decembro........................A Magdalena.

4 de febreiro............................Monte Caxado.

Nestas xornadas participamos todos os colexios públicos das Pontes, e os encontros teñen lugar no pavillón municipal.

Ademais este ano tivemos un encontro cos do 2º ciclo contra o colexio da Fraga.(19 de novembro).

Fomos tamén convidados para participar no encontro provincial xunto co CEIP Fernández Latorre de A Coruña.

Rematadas as competicións os/as nenos/as felicitáronse uns aos outros demostrando gran compañeirismo e deportividade, co que vimos cumprindo o noso obxectivo primordial:

"Encamiñar ao alumnado cara un desenvolvemento integral tanto na vertente persoal como nas demandas sociais e culturais"

Se queres ver fotos dos encontros preme aquí.

Distribuir contido