Curso 2008-2009

VIAXE A CERCEDA

O venres, 19 de xuño, xunto cos nenos dos outros colexios da localidade que tamén participaron no proxecto AS PONTES APRENDE, pasamos un día inolvidable no parque acuático de Cerceda.

Mirade as fotos, premendo aquí.

VIAXE AOS MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA

O 2.º ciclo de primaria viaxamos á Coruña e quedamos marabillados con todo o que vimos na Casa das Ciencias e na Domus. Ao ser museos interactivos, participamos en todas as actividades.

Para ver as fotos, preme aquí.

VIAXE A CABEZA DE MANZANEDA

Este ano os nenos/as de 5º e 6º disfrutamos das actividades na Natureza en Manzaneda.

Se queres ver o ben que o pasamos preme aquí.

DE PONTE EN PONTE POLAS PONTES

O 18 de marzo, os rapaces de 3º e 6º do colexio fixemos a ruta De ponte en ponte polas Pontes acompañados polas titoras e a coordinadora de La Voz de Galicia.

No percorrido que partiu do colexio fomos pasando polas pontes máis significativas da nosa vila: unha ponte romana, unha ponte do medievo, unha ponte do século XVIII e unha ponte actual.

Neste percorrido fomos explicando os acontecementos históricos do pobo e visitando os edificios máis emblemáticos, facendo unha parada na igrexa, onde ata tocaron as campás, e rematando na capela do Carme.

Para ver as fotos, pulsa aquí.

Xornadas do deporte na escola

Este curso 2008/09, coma en anos anteriores participamos no programa "Deporte na escola", co 3º ciclo de primaria:este xa é o terceiro ano e os nenos/as están moi ilusionados coas xornadas.

Participamos por 1ª vez este curso nunha xornada de campo a través, que tivo lugar na Carballeira da Fraga (foi o 22 de outubro).

Os encontros ou xornadas tiveron lugar os seguintes días.

6 de novembro ......................A Fraga.

3 de decembro........................A Magdalena.

4 de febreiro............................Monte Caxado.

Nestas xornadas participamos todos os colexios públicos das Pontes, e os encontros teñen lugar no pavillón municipal.

Ademais este ano tivemos un encontro cos do 2º ciclo contra o colexio da Fraga.(19 de novembro).

Fomos tamén convidados para participar no encontro provincial xunto co CEIP Fernández Latorre de A Coruña.

Rematadas as competicións os/as nenos/as felicitáronse uns aos outros demostrando gran compañeirismo e deportividade, co que vimos cumprindo o noso obxectivo primordial:

"Encamiñar ao alumnado cara un desenvolvemento integral tanto na vertente persoal como nas demandas sociais e culturais"

Se queres ver fotos dos encontros preme aquí.

Distribuir contido