Curso 2013-2014

VIAXE Á NEVE

Este ano voltamos de novo á neve cos outros colexios das Pontes.

Aproveitamos a viaxe para ir visitar o Museo de Minaría "MUMI".

Podes ollar aquí o ben que o pasamos. 

CONTO VIAXEIRO

O Concello das Pontes, a través do seu departamento de Normalización Lingüística, propúxonos aos centros de primaria da localidade unha actividade colaborativa que consistiu en elaborar un conto entre alumnos de diversos centros.

Ás nenas e nenos de 3º e 4º do colexio Santa María tocounos inaugurar as sesións de traballo, buscar o protagonista e poñerlle o nome.

Se queredes descubrir as aventuras que argallamos entre todos, premede aquí e poderedes visualizar o conto e o videoconto.

FUNGOS E COGOMELOS

 

     O día 1 de novembro celebrouse na nosa vila a XXIV edición da Feira de Fungos e Cogomelos.

   Os alumnos de Santa María participamos cos nosos traballos, resultando premiados en todos os cursos e, por esa razón, estamos moi contentos.

     Aquí podedes ver algúns dos traballos que presentamos ao concurso.

 

VIAXE A LUGO DO 3º CICLO

 

     No mes de outubro os alumnos do 3º ciclo adentrámonos na historia visitando a cidade de Lucus Augusti.

     Comezamos documentándonos no Centro de Interpretación da Muralla, seguindo cunha visita didáctica á Casa dos Mosaicos e un percorrido pola muralla romana que circunda a cidade.

     Despois dunha breve visita á catedral, onde observamos os seus diferentes estilos arquitectónicos, dirixímonos ao castro de Viladonga e ao seu Centro de Conservación e Restauración, onde recibimos unha información moi completa e motivadora.


     Se queredes compartir algúns deses momentos con nós, premede aquí.

 

 

 

Distribuir contido