Curso 2014-2015

Viaxe a Ferrol

Na nosa viaxe de fin de curso, os nenos de 1º e 2º de educación primaria desprazámonos a Ferrol, onde visitamos Aquaciencia e o Museo de Historia Natural.  Como nos gusta moito todo o relacionado coa ciencia, estivemos moi atentos porque nos pareceu moi interesante o que nos explicaron.

 

 

 

 

Se queres ver máis imaxes deste día, preme aquí.

 

VIAXE A MANZANEDA

Outro ano máis voltamos a Manzaneda. Esta vez cos compañeiros do CEIP A Magdalena.

As actividades foron variadas: béisbol, escalada no rocódromo, cabalos, karts, piscina e outros moitos xogos ben divertidos.

Foron tres apaixoantes días. Se queres ver imaxes preme aquí.

 

 

 

 

 

 

ROTEIRO POR SANTABALLA

Cunha fermosa e soleada mañá, o pasado 22 de outubro, todos os alumnos de primaria fixemos un roteiro por Santaballa.

Visitamos unha modia, mámoa ou medoña, que das tres maneiras se chaman.

Pasamos por Pena Grande, un refuxio natural dos homes primitivos que habitaron esa zona.

Tamén vimos a recreación dunha aldea prehistórica.

Rematanos na escola habaneira "Liga Santaballesa", onde membros da Asociación nos explicaron moitas curiosidades desa escola antiga.

Xa nos tarda un novo roteiro! Se queres ollar algunha imaxe deste día preme aquí.

 

 

 

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS

Outro ano máis participamos no deporte escolar e polo tanto na carreira que tivo lugar na Fraga; a proba de "Campo a través", na que todos os centros de Primaria do Concello estivemos presentes. Colaborou ademais o Concello e a asociación de Anpas Abrente.

O noso colexio obtivo, tanto a nivel individual como grupal, grandes resultados en todas as categorías; gañando tres das seis probas nas que participamos.

Se queres ver imaxes deste encontro premeaquí.

 

Distribuir contido