Curso 2012-2013

VIAXE Á CORUÑA

     A viaxe fin de curso levounos este ano ata a cidade da Coruña onde realizamos tres interesantes visitas.

    Primeiro tivemos a oportunidade de visitar as instalacións do xornal La Voz de Galicia e parte das de V Televisión. Entendemos algo máis sobre o funcionamento dunha rotativa e sentímonos presentadores e técnicos de televisión por un día.


    Despois achegámonos ata o MUNCYT, onde todo nos pareceu fascinante porque coñecemos diferentes descubrimentos científicos e tecnolóxicos producidos ao longo da historia. Divertímonos moito como pasaxeiros na cabina dun avión e coa charla animada que mantiñan dous simpáticos robots.

    Finalmente, subimos ao parque de San Pedro onde pasamos un rato moi agradable.

 

    Para ver algunhas instantáneas destes días, pulsa aquí.

VIAXE A MANZANEDA

 

De novo voltamos a Cabeza de Manzaneda. Aínda que este ano non nos acompañou o tempo, si que desfrutamos da natureza.

 

Fixemos actividades moi variadas: béisbol, tiro con arco, sendeirismo, xogos diversos e, o máis divertido, tivemos o pracer de gozar coa neve e mesmo bailamos na discoteca.

 


 

Se queres ver algunha imaxe do ben que o pasamos, preme aquí.

RECICLAR É LABOR DE TODOS

     O día 4 de febreiro tivo lugar no noso centro unha charla co obxectivo de explicar de forma sinxela como se debe facer a separación dos residuos domésticos, utilizando os colectores axeitados en cada caso.

     Fíxose especial fincapé na alta proporción de impropios e nas dificultades que se xeran na reciclaxe cando a selección do lixo non é a correcta.

 

 

Podes recordar este día vendo outras imaxes.

VISITA Á CASA DO MEL

 

 

No mes de outubro, os alumnos de 2º, 3º e 4º  de primaria fixemos a visita deste trimestre á Casa do Mel en Goente.

Alí explicáronnos moi ben a vida das abellas, as súas particularidades e todo o bo que estes  insectos aportan ao ser humano.

Rematamos a xornada cunha cata de mel e queixo; tamén elaboramos nós unha candea feita de cera.

Se queres ver algunhas imaxes deste día, podes facelo premendo aquí.

COÑECEMOS A NOSA HISTORIA

 

 

    O día 31 de outubro os nenos de 5º e 6º de primaria fixemos unha interesante viaxe a Santaballa para visitar a súa antiga escola. Alí decatámonos da dureza da emigración e da importante contribución das persoas que, a pesar de ter que abandonar a súa terra, nunca a esqueceron e velaron polo seu progreso.

    Podedes ver algunhas imaxes deste día premendo aquí.

Distribuir contido