Skip to Content

blogue deXeve

Eu sentinme Carvalho Calero cando....

Despois de ler as pitas baixo a choiva estivemos a pensar en anécdotas propias semellantes á que o autor viviu cando era cativo e nos relata nesta obra.

Aquí vai o resultado:

 

EN 5º FESTEXAMOS XUNTOS AS LETRAS GALEGAS

O grupo de 5º estivemos traballando arredor da figura de Ricardo Carvalho Calero e decidicimos celebrar o día das Letras Galegas cunha lectura conxunta das pitas baixo a choiva. Qué mellor excusa para xuntarnos? 

Queremos compartir con vós o resultado destas estupenda experiencia e lembrarvos que "O galego, como dicía Castelao, é un idioma extenso e útil, porque con pequenas variantes se fala en diversos lugares de distintos continentes". Carvalho Calero

Apertas virtuais

 

LEARNING TOGETHER

Nestes tempos de convivencia estreita nas casas, estamos vendo como os irmáns colaboran para aprender os uns dos outros. Mirade nos arquivos adxuntos como  estes rapaces aprenden  e desfrutan xuntos. David (4º) e a súa irmá Tania (EI-3 anos) cantan “Head and Shoulders”. Claudia (3º) e Xabi (EI-3 anos) aprenden Insects and Bugs.

DÍA DA TERRA

O 22 de abril celebramos no colexio o Día da Terra. A nosa forma de agasallala foi plantando, cada un o que quixo: sementes, plantas, árbores... Xuntos coidamos a terra!!!

Crazas por participar

 

Distribuir contido


by Dr. Radut