Skip to Content

Información xeral

FONDO SOLIDARIO PARA LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2023/24

Segundo a ORDE do 10 de maio do 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria para o curso escolar 2023/24, queda aberto o prazo de presentación de solicitudes para os seguintes casos:

  • Adquisición de libros de EP 1º e 2º
  • Material escolarde toda EP (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º)
  • Fondo de libros de EP 3º e 4º

Formas de presentación de solicitudes:

Só se presentará unha única solicitude para todos os irmáns que estean matriculados nun mismo centro educativo.

Excepto a presentación electrónica, 1 por cada alumno.

A solicitude é única, inclúe libros de texto e material escolar.

O prazo de presentación de solicitudes é do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023.

O alumnado que actualmente cursa 6º de EP deberá entregar a solicitude xunto coa documentación requerida no IES elexido.

Documentación a presentar:

  • Fotocopia do libro de familia de todas as páxinas onde figure o nome de calquera dos membros da familia computables a 31 de decembro de 2021 (orixinal e copias).

Se é o caso:

  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio ou convenio regulador.
  • Certificado ou volante de convivencia
  • Grado de discapacidade.

 Horario de presentación de solicitudes no centro:

O horario será de 8:45 a 9:30 horas de luns a venres.

 O alumnado poderá recoller o impreso en secretaría.

Se tedes algunha dúbida podedes chamar á secretaría do centro.

Información Xeral Curso 19/20

Preme aquí para ver a información xeral do centro para o curso 19/20.

Distribuir contido


by Dr. Radut