NOVAS FOTOS
Enviado por mlf en Ven, 27/05/2011 - 20:20.¡Xa podedes ver as novas do colexo no noso blog, visitádeo!
MÁIS COELLOS NO COLE
Enviado por mlf en Xov, 09/02/2012 - 23:28.O venres da próxima semana celebraremos o Entroido no cole, disfrazados de coelliños e coelliñas. E a ver se recoñecemos a esas mamás e eses profes que tamén virán disfrazados! Coma todos os anos, faremos unha foto dos nenos de cada clase, veremos algunha peli, desfilaremos bailando, e comeremos as lambetadas tan ricas que traen as nosas familias. A profe Pili preparou un baile, a profe Ana contaranos contos, desos que nos fan rir tanto, e os pequenos e pequenas de infantil recitarán un poema e cantarán unha canción en inglés.

CHEGOU O INVERNO
Enviado por mlf en Ven, 13/01/2012 - 23:22.Chegou o inverno e así vemos a paisaxe con xeada desde o noso cole.


OUTONO NO COLE
Enviado por mlf en Mar, 15/11/2011 - 21:50.Chegou o outono e estamos a adornar o colexo. Os nenos e nenas de infantil pintaron as follas da nosa árbore e os de primaria están a facer o mural do fondo. Que vos parecen?

SAMAÍN
Enviado por mlf en Ven, 28/10/2011 - 17:31.Coma todos os anos, os nenos e nenas do cole fixeron coas súas familias unhas cabazas, este ano disfrazadas de persoal do centro. Que favorecidos nos vimos! Ollade...

CONTO VIAXEIRO
Enviado por mlf en Lun, 06/06/2011 - 18:48. 
O vindeiro mércores día 15 os alumnos e alumnas de infantil e primeiro ciclo de primaria asistiremos ó pazo de cultura para reunirnos cos outros rapaces dos coles cos que escribimos este ano os contos viaxeiros (un por ciclo): Campolongo, Fina Casalderrey, Verducido, Lérez e Campañó. Faremos unha divertida festa na que, entre outras cousas, veremos unha presentación dos contos. ¡Xa estamos grabando as nosas voces!
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO
Enviado por mlf en Mar, 31/05/2011 - 10:13.O prazo para solicitar axudas comeza mañán día 1 de Xuño para o alumnado de primaria, e durará ata o día 30 de Xuño, despois de que hoxe, martes, se publiquen no Diario Oficial de Galicia (DOG) as convocatorias de axudas para a adquisición dos libros de texto para o curso 2011/2012.
As solicitudes e demais información poderán consultarse no DOG e no portal educativo da Xunta de Galicia, www.edu.xunta.es.
A GRANXA
Enviado por mlf en Ven, 27/05/2011 - 21:00.As nenas e nenos de educación infantil visitamos a Granxa Kiriko, en Fornelos.
Chegamos ó cole con moitas ganas de vela e, despois de preto dunha hora de viaxe, alí a tiñamos. Recibíronos os monitores e monitoras, tres cans e unha cotorra.
Divididos en catro grupos, coñecemos as súas estancias e inquilinos: galiñas, galos, poliños, vacas, burros, cabalos, mapaches, coellos, cabras... vimos o invernadeiro, regamos as prantas da horta, ordeñamos unha vaca "de mentira", fixemos rosquillas...
Chegamos á comida con fame, e despois de comer lavamos a cara e as mans e xogamos no parque cos columpios e os monitores, que facían moitas tonterías.
Tras facer as últimas actividades chegou o momento de voltar ó cole. Non tiñamos ganas pero chegamos agotados ó bus e algúns quedámonos durmidos.
Os nosos papás, mamás ou avós agardaban alí. Era o momento de contarlles o acontecido, así que marchamos con eles despois de decirlles adeus ós nosos compis e mestras.

A PRENSA
Enviado por mlf en Mar, 03/05/2011 - 19:24.En educación infantil estamos a realizar un traballo sobre "a prensa". A primeira das noticias que limos falaba deste can, que os nenos e nenas debían buscar por Pontevedra. ¡Foron moitos os que o viron! ¿Que pensades sobre o que di?

