Skip to Content

EI

NATACIÓN 5º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

O xoves 25 de abril o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil desplazouse ata a Piscina Rias do Sur, en Pontemuiños para participar nunha sesión de iniciación á natación da man do Club Galaico Sincro.
Aprenderon a familiarizarse co medio acuático, a flotar e a desplazarse pola auga.
Algúns incluso se atreveron a mergullarse dendê o borde da piscina.
Pasárono moi ben e gustoulles moito.

Álbum: Curso 23-24 -> Natación 5º e 6º de infantil

OBRADOIRO PEKERECICLA PARA EDUCACIÓN INFANTIL.

O Pasado día 20 de marzo o alumnado de Educación Infantil desfrutou do obradoiro Pekerecicla sobre reciclaxe e compostaxe dentro do programa Ponte a Zero.  Foi moi interesante e divertido, e aprendimos un pouco máis a cómo coidar o noso planeta.

SAÍDA DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL Á PISCINA

Onte, mércores 15 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de Educación infantil foi de excursión á piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur a unha actividade organizada polo Club Galaico Sincro. Pasárono xenial! Estamos seguros de que repetiremos! Aquí tedes alguhas fotiños que demostran o que disfrutaron!

Álbum: Curso 23-24 -> Piscina EI

SAÍDA AO TEATRO DE INFANTIL

A pasada semana, o alumnado de infantil acudiu ao teatro AFUNDACIÓN en Pontevedra para ver a obra titulada "FEO". 

Encantoulles!

Álbum: Curso 22-23 -> Teatro infantil

VISITA DE INFANTIL AO MUSEO DO MAR!

O pasado 9 de febreiro, o alumnado de Educación Infantil visitaba o Museo do Mar en Vigo. Ademais de gozar das actividades propostas polo museo, desfrutaron dunha xornada de convivencia conxunta con merendola e tempo de lecer... Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasaron!


UN COMEZO CHEO DE AVENTURAS

Comezamos un novo curso cheo de aventuras! Neste primeiro mes coñecímonos, xogamos, descubrimos e compartimos unha montón de momentos e propostas. Aquí vai unha pequena mostra do que realizamos durante este tempo! Esperamos que vos guste!

Visita ao Fitoareeiro de Lourizán. 5º e 6º de Infantil

Os nenos e nenas de 5º e 6º de E. Infantil fixeron unha saída para visitar o Fitoareeiro de Lourizán. 

Coñeceron a labor que alí se desempeña e puderon disfrutar do precioso xardín.

 

No cole de Xeve facemos un pouco o indio.

Gracias á colaboración de Manuel Bernárdez, que nos regalou as canas, puidemos construir este marabilloso tipi no patio de Infantil.

 

 

Obradoiro Ed. Infantil: Neve de cores!

O frío do inverno fainos moi curiosos e curiosas. Esta semana fixemos un obradoiro no que fabricamos a nosa particular "Neve de cores" para modelar e xogar con ela. 

Aquí podedes ver o ben que o pasamos!

Roteiro por Pontevedra

24/11/2021 00:30
Europe/Madrid

Alumnado de 5º e 6º de EI

Distribuir contido


by Dr. Radut