Skip to Content

Orientación

FACER FRONTE AS RABECHAS

As rabechas son un comportamento normal no desenvolvemento, sempre e cando non se manteñan no tempo. Son máis frecuentes e intensas nalgúns nenos e nenas que noutros e empeoran cando están cansos, con fame ou con bastante malestar.
Dende o departamento de orientación quixemos abordar este tema ofrecendo ás familias uns consellos para poder facer fronte a éstas situacións, que si non se abordan convintemente, poden supoñer unha inseguridade para os nenos e nenas, xa que necesitan ter límites que lle dean seguridade, ao mesmo tempo que necesitan aprender a facer fronte á frustración.


Podedes botarlle unha ollada facendo click aquí ou na imaxe.

A tecnoloxía con seguridade

Dende o Departamento de Orientación ofrécense unha información, moi interesante, a ter en conta sobre as tecnoloxías da información e da comunicación con algúns datos que, de seguro, vos sorprenderán.

Podedes botarlle unha ollada facendo click aquí ou na imaxe.

Dípticos informativos do departamento de orientación

Dende o departamento queremos facilitar tanto ás familias como ao profesorado información que poida ser de interese na nosa labor educativa. Para elo, facilitamos dípticos, de doada lectura, onde resumimos cuestións básicas sobre diferentes temas de interese.

 

Fai clic abaixo, á dereita, onde di "adxuntos".

Distribuir contido


by Dr. Radut