Skip to Content

EI

Inicio de curso en educación infantil

Os e as pequenas do cole comezan así este novo curso.

 

INFANTIL REMATA O CURSO 2020/21

Os nenos/as de infantil do cole de Xeve despiden este curso 20/21 con algunhas interpretacións variadas desexándovos a todos/as bo verán.

https://ugc.kizoa.app/klon1/o364500667_9902790.mp4

 

O OUTONO EN 4º EI

Tras pasar o período de adaptación deixamos pasar o outono na nosa clase.

 

 Clica na imaxe

COMEZO DO NOVO CURSO EN INFANTIL

Esperamos que disfrutedes moito con este video onde o están pasando moi ben, tendo en conta as circunstancias

Concurso Samaín 2019/2020

Un ano máis as cabazas tinguen os nosos corredores de laranxa, esa cor amigable que a finais de outubro convértese en tenebrosa, de medo, chea de misterio.

O noso alumnado, seguindo a liña de traballo ecolóxica do cole, decoraron as súas cabazas con materiais reciclados. 

Para tentar premiar o seu esforzo e dedicación este ano houbo varias categorías de premios. Estos son os gañadores:

  • Cabaza máis terrorífica: “Gorra amarela”, Roque (5º EI) e Pedro (1º EP).
  • Cabaza máis orixinal: “Patrulla Eco”, Gabriel (4º EI).
  • Cabaza máis traballada: Román (1º EP).
  • Cabaza máis enxebre: “A bruxa defensora do bosque”, Ainhoa (2º EP).
  • Cabaza máis simpática: “A patrulla forestal”, Julia (2º EP) e Martín (4º EI).
  • Cabaza máis revolucionaria: “Cabaza Revolution”, Anxo (5º EP) e Xoel (1º EP).
  • Cabaza co deseño máis ecolóxico: Alex (5º EI) e Iker (5º EP).

 

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O 12 de novembro viñeron a visitarnos os nosos amigos do centro AMENCER, con motivo da celebración do día da discapacidade do 3 de decembro, e compartiron con nós as situacións de vida que lles tocou vivir.

Fixéronnos ver que calquera pode sufrir unha discapacidade por un accidente, unha enfermidade ou de nacemento polo que o noso papel é o de aceptalo e normalizalo, xa que un neno ou un adulto con discapacidade ao igual que os demais, tan só buscan sentirse integrados.

Agradecerlles que nos contaran as súas vivencias que de seguro nós nunca esqueceremos.

Revitalizate!

Ao longo do mes de marzo acudiron ao colexio uns representantes de Revitaliza para darnos uns talleres sobre a fauna existente dentro dos composteiros. En diferentes días, todos os cursos participamos (Educación Infantil e  Primaria). O obxectivo era atopar as distintas especies que habitan debaixo da terra que previamente recollemos do noso composteiro e colocamos nunhas cubetas.Os alumnos utilizaron uns palillos alongados , unha lupa de grande aumento e tamén un microscopio onde puideron  velos con detalle e buscalos tamén no cartel co seu nome científico. Foi unha actividade moi interesante na que aprendemos que cada “bichiño” ten un labor moi importante para a vida no planeta.


Bichos
Distribuir contido


by Dr. Radut