Skip to Content

Xogade

VISITA CLUB DE TENIS PONTEVEDRA

O xoves 25 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º de educación primaria recibiu unha clase tenis por parte de dous profesores do Club de Tenis Pontevedra.
Practicaron os golpes básicos de dereito e de revés, e diversos xogos.

Álbum: Curso 23-24 -> Visita Club de tenis

XORNADA INTERCENTROS 4

O mércores 13 de decembro recibimos ao alumnado de 5º de primaria do ceip Isidora Riestra de Poio para participar co alumnado do noso centro nunca Xornada de convivencia deportiva más modalidades de deportes alternativos e Carreira de orientación.
Todos se esforzaron moito e o pasaron moi ben.
Ata a próxima.

Álbum: Curso 23-24 -> Xornada Intercentros 4

CONVIVENCIA XOGADE

Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria disfrutaron dunha xornada de convivencia cos compañeiros de Son José.

SAÍDA DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL Á PISCINA

Onte, mércores 15 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de Educación infantil foi de excursión á piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur a unha actividade organizada polo Club Galaico Sincro. Pasárono xenial! Estamos seguros de que repetiremos! Aquí tedes alguhas fotiños que demostran o que disfrutaron!

Álbum: Curso 23-24 -> Piscina EI

XORNADA DE CONVIVENCIA DEPORTIVA

Hoxe, dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva do Plan Proxecta do centro, o alumando de 6º de Educación Primaria achegouse ao Ceip Amor Ruibal de Barro para facer unha xornada de convivencia deportiva co alumnado do mesmo nivel.

Practicaron deportes alternativos como o KickBall, o FloorBall e a Pelota Canadiense, así como o Voleibol no Pavillón Municipal. 

Tamén compartiron unha merenda saúdable a base de froita (plátano e mazá) durante o descanso. Foron moi ben acollidos e esfozáronse moito. Pasárono xenial!

Álbum: Curso 23-24 -> Convivencia en Barro

VISITA DO CLUB DE PIRAGÜISMO VERDUCIDO

O martes 24 de outubro visitaron o centro membros do Club Piragüismo Verducido para dar unha charla sobre este deporte ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria.

Álbum: Curso 23-24 -> Visita Club de piragüismo Verducido

CROSS ESCOLAR

Hoxe, o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou en Pontevedra nunhas xornadas de CROSS ESCOLAR. Algúns e algunhas dos nosos alumnos e alumnas acadaron moi bos postos na clasificación!

Ademais, a pesares do día de calor, disfrutaron moito da experiencia!

Álbum: Curso 23-24 -> Cross Escolar

VISITA DA SOCIEDADE DEPORTIVA TEUCRO

O martes 19 de setembro visitáronnos dous xogadores do primeiro equipo da Sociedade Deporiva TEUCRO de Pontevedra, Rhuan Marchette e Caue Herrera, os cales competirán esta tempada na Primeria Nacional. 

Impartiron tres sesións de iniciación ao balonmán a 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria e animáronnos a coñecer as súas escolas deportivas. 

Álbum: Curso 23-24 -> Balonmán

INICIACIÓN AO ATLETISMO

Este curso comezamos xa con moitas actividades deportivas! O 12 de setembro achegáronse ao cole da Sociedade Gimnástica de Pontevedra para impartir unha sesión de iniciación ao atletismo e dar a coñecer as súas escolas de atletismo ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria. 

Álbum: Curso 23-24 -> Iniciación Atletismo
Distribuir contido


by Dr. Radut