BLOGUES DO COLE

 

No cole están funcionando varios blogues, clica na imaxe ou no nome para acceder ao blogue e ver as actividades que realizamos:

 

INGLÉS

 

 E.FÍSICA

MUSICA

LIBRINCIOS

AULA DE APOIO

E.INFANTIL

1ºCICLO PRIMARIA

2ºCICLO PRIMARIA

3ºCICLO PRIMARIA

A NOSA HORTA

TICs

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2024

Este ano está dedicado á autora Luísa Villalta Gómeznada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. Dentro do ámbito da poesía publicou os libros Música Reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995), En concreto (2004) e Papagaio (2006, póstumo) ademais de textos e colaboracións en diferentes medios, antoloxías, publicacións periódicas, revistas na web etc.

Este xoves 16 de maio celebramos o Festival das Letras Galegas no colexio coas diferentes actuacións de todos os cursos, festival que organiza o equipo de Dinamización da Lingua Galega e que poden asistir as familias sobre as 12h.

Pinchade no cartel e podedes consultar o programa do Festival:

 

 

Nos seguintes vídeos podedes ver as diferentes actuacións do festival e a entrega dos premios da XXIX edición do Certame Literario da Xoaniña organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega:

 

LISTAXE DE ADMITIDOS - MATRÍCULA 2024-25

Informamos que todas as novas solicitudes de admisión entregadas no período ordinario do mes de marzo están aceptadas e polo tanto se lle adxudica praza no Centro.

 

 

 

ENTROIDO 2024

FESTIVAL DO ENTROIDO: 

 

Moitas grazas ás familias por asistir un ano máis ao Festival do Entroido.

E como sempre, o alumnado disfrutou a tope.

Podedes ver aquí un resumo das fotos e vídeos das diferentes comparsas dos cursos. 

Feliz Entroido!!! 

  

 

MANDADIÑOS DO MECO: COMEZAMOS O LUNS 5 DE FEBREIRO:

Comezamos un ano máis coa semana do Entroido coas ordes do Meco. Acordádevos que son acumulativas, é dicir, cada día hai que traer o que o Meco mande e, tamén, o dos días anteriores:

4- XOVES: "COMO MOLA RECICLAR, CONVÉRTETE NUN SUPERHEROE MUNDIAL TRAENDO UNHA CAPA QUE DO LIXO SALVARÁS"

  

 

3- MÉRCORES: "A ROUPA É DO QUE MÁIS CONTAMINA, DÁLLE UNHA NOVA VIDA TRAENDO UNHA NOVA PRENDA DA TÚA AVOA OU DA TÚA VECIÑA"

 

 

2- MARTES: "O PAPEL É UN ELEMENTO DA NATUREZA, UTILÍZAO PARA TRAER ALGO ORIXINAL NA CABEZA"

 

1- LUNS: "O PLÁSTICO DEBEMOS RECICLAR, PARA ISO UN BONITO COLAR DEBERÁS CONFECCIONAR"

 

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2024

O martes 30 de xaneiro, para conmemorar o día da Paz, fixemos unha xornada de xogos feitos con material de refugallo, e ese día, cada neno/a conseguiu un carné que levou a casa selado coas probas nas que participou. 

Con esta iniciativa pretendemos que cada familia patrocine os xogos, aportando alimentos non perecedoiros e/ou produtos de hixiene para donar ao banco de alimentos de Gondomar.

A AVV Galiñeiro de Vincios, a Comunidade de Montes de Vincios e a ANPA foron os encargados de colaborar e organizar a recollida.

 

Nos seguintes vídeos podedes apreciar a xornada dos xogos solidarios e a recollida dos alimentos por parte da AVV Galiñeiro de Vincios, a Comunidade de Montes de Vincios e a ANPA do colexio.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

 

  

 

FESTIVAL NADAL 2023

A postal de Nadal gañadora do Concurso 2023 foi a de MARA CASTRO GARRIDO, 5º EP

Parabéns, por crear esta fermosa postal!!!

Abaixo podedes veras fotos do gran traballo de tódolos nenos/as creando unhas postais incribles e os vídeos das panxoliñas dos diferentes cursos.

FELICES FESTAS!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MAGOSTO 2023

Outro ano máis celebramos o magosto cun día na natureza no Monte Galiñeiro. 

O día comeza cunha camiñata ata o lugar de encontro e logo roca repoñer forzas cunhas ricas castañas asadas por Pablo.

Nos diferentes blogues de ciclos atoparedes imaxes deste día tan marabilloso

SAMAÍN 2023: CESTAS DE OUTONO

11/08/2023 13:49

Como todos os anos, as vosas cestas de outono deixáronnos abraiados!

Podedes desfrutar da exposición de cestas deste ano no seguinte vídeo.

SAMAÍN 2023: A FESTA DAS CABAZAS

11/06/2023 13:37

O DÍA 31 DE OUTUBRO CONMEMORAMOS O SAMAÍN COA EXPOSICIÓN DAS VOSAS CABAZAS

QUE, COMO CADA ANO, ENCANDEÁRONNOS!

PARA TREMER DE MEDO!!

 

 

 

BOLETÍN INFORMATIVO INICIO CURSO 2023-2024

 

Distribuir contido