Axudas Material Escolar

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR: CURSO 2024/25

O 20 de maio publicouse no DOG A ORDE DO 7 DE MAIO DE 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2024-25 destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria.

Neste centro non se utilizan libros de texto, polo que só tramitaremos axudas para material escolar de Educación Primaria.

O prazo para solicitar as axudas de material escolar no Centro será do 22 de maio ao 3 de xuño.

Para a tramitación podedes descargar:

 

 

A solicitude (Anexo I + Anexo II) e a documentación xustificativa, de ser o caso, poderán entregarse das seguintes formas:

- POR CORREO ELECTRÓNICO, adxuntando a documentación necesaria e o Anexo I e II ben cuberto e asinado en todos os recadros. Escanear todo e enviar ao enderezo ceip.serra.vincios@edu.xunta.gal poñendo no asunto “Solicitude Axudas Material Escolar_Nome do alumno/a”.

- POR VÍA ELECTRÓNICA, nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «Fondolibros» https://www.edu.xunta.es/fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, mediante Certificado Dixital ou Chave365.

- DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO, en horario de 12h. a 14h.

 

Distribuir contido