Rutis-Vilaboa. Culleredo (A Coruña) - ceip.sofia.casanova@edu.xunta.gal - Tlf.: 881960290

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA - DAFIS

 Este curso participamos por primeira vez, co alumnado de 1º e 2º de Primaria, en DAFIS (Datos sobre a valoración da Condición Física Saudable), enmarcado no Plan Galicia Saudable. Os protocolos de valoración pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado que gardan relación coa saúde (forza, resistencia, flexibilidade e axilidade-velocidade). Estos datos permítennos coñecer en qué estado físico se atopa cada alumno/a. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguimento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades. A continuación, presentamos algunhas das probas físicas que forman parte do protocolo:

 

  • CARREIRA DE IDA E VOLTA 4 x 10 METROS (para valorar a velocidade, a axilidade e a coordinación).

  • PRENSIÓN MANUAL (para valorar a forza máxima isométrica).

  • BACK-SAVER SIT AND REACH (proba de flexibilidade).

  • SALTO HORIZONTAL COS PÉS XUNTOS (para valorar a forza explosiva do tren inferior).

  • SUSPENSIÓN COS CÓBADOS FLEXIONADOS (para valorar a resistencia a forza do tren superior).

  • E tamén medímonos e pesámonos para calcular o índice de masa corporal (IMC).

 

OS TRES Rs

No corredor do primeiro andar atopamos a exposición creada polo alumnado do 1º curso de primaria con obxectos elaborados a partir das 3R: reducir, reciclar e reutizar.

 

SAÍDA: CONCERTO LA MÁQUINA DE LAS EMOCIONES

O alumnado do primeiro ciclo desprazouse ó Auditorio Gustav Mahler do conservatorio de Culleredo para desfrutar do concerto didáctico A MÁQUINA DAS EMOCIÓNS creado polo equipo docente deste. Esta obra presenta algúns instrumentos e amosa como a través da música podemos expresar e canalizar as nosas emocións.

 

PLAN DIRECTOR


O alumnado do terceiro ciclo continúa formándose grazas ás charlas, realizadas por membros da Garda Civil, dentro do Plan Director. 

SAÍDA AO VENTOSO

Unha fermosa xornada a vivida polo alumnado do primeiro ciclo na saída á granxa O Ventoso (Laracha) onde, entre outras moitas actividades, montaron en pony e deron de comer á burra Lady. 

   

O NOSO MAIO-2024

O venres 3 de maio celebramos a festa tradicional dos MAIOS. Agradecemos a todas as persoas participantes, especialmente, a colaboración da Agrupación Folclórica Ancoradoira.

Premede na imaxe para acceder ás imaxes e vídeos. 

VISITA DE PERE TOBARUELA

Esta semana o corredor do primeiro ciclo de primaria enchéronse de balón para recibir ó escritor PERE TABARUELA, autor de MARIÑA E O BALÓN.  Despois de conversar co alumnado de 1º de primaria asinoulles os seus libros. Moitas grazas pola visita. 

COÑECENDO OS INSTRUMENTOS TRADICIONAIS

Unha honra contar no colexio con membros do Centro Coreográfico Galego para explicar distintos instrumentos tradicionais galegos. Unha actividade á que asistiu o alumnado de quinto de primaria.

SAÍDA AO PAZO DA ÓPERA

O alumnado de educación infantil asistiu ao concerto de Lydia Botana: DE AQUÍ PARA ALÁ COAS EMOCIÓNS. 

CONTACONTOS COA DRAGONA RAMONA

Dende o Concello de Culleredo, a Dragona Ramona veu visitar ao alumnado de educación infantil para levar a cabo a actividade do contacontos, dentro do programa de fomento da lectoescritura e do coñecemento das bibliotecas municipais.

Distribuir contido