SAMAÍN

Este curso tivemos un SAMAÍN moi divertido.

Parabéns para todos/as pola colaboración no concurso de cabazas! Menudos artistas temos en Soutelo..

 


 

 

A verdade e que estivo DIFICILÍSIMO o concurso!!!!!

Tamén veu a visitarnos o  COMEMEDOS... si si e como somos tan valentes todos preparamos os nosos medos e démosllos a comer.


 

E a hora de comer...ummmm o que nos estaba esperando...unha sobremesa de medo!!!!

Grazas a Rubén, o noso cociñeiro e a colaboración especial que tivo dos compañeiros e compañeiras do 1º e 2º ciclo, degustamos estas arañas tan deliciosas!!!


 

Podedes ver algunhas fotos na galería e en breve poñeremos máis.



A NOSA BIBLIOTECA

Como xa sabedes, o día 24 de novembro fixemos distintas actividades para a reapertura da biblioteca.

Primeiro, estivemos falando do DÍA DA BIBLIOTECA. Este ano tratouse de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.

Logo, na presentación da bibioteca, fíxose un recordatorio das normas necesarias para mantela en orde e tamén se pediu a colaboración de todos/as.

A continuación, fíxose a entrega de carnés para que en breve, cando teñamos o programa Meiga, se podan facer os préstamos de forma informatizada.

Por último, fíxose a presentación das mochilas viaxeiras e logo de explicárlles o funcionamento da actividade repartíronse por cursos e todos/as se foron polas as clases para saber quen sería o primeiro/a en levala.

 


Podedes ollar outras fotos na galería.

DEPORTE ESCOLAR

11/22/2013 11:00
11/22/2013 13:30
Etc/GMT+1

Este curso volvemos a repetir a experiencia destes últimos anos nos Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar.

 

 

 

 


O MAGOSTO

11/14/2013 13:30
11/14/2013 16:30
Etc/GMT+1

Tivemos que pospoñer o MAGOSTO pero mañá, 14 de novembro, seguro que o tempo está bo e xa o celebramos.

Distribuir contido