Secretaría

RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO

 

Ábrese o prazo para facer a RESERVA DE PRAZA ( do 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro 2024), para os alumnos e alumnas que no vindeiro curso 2024/2025  pasan a 1º ESO e continúan os seus estudos no centro ao que está adscrito o CEIP de Soutelo de Montes: IES CHANO PIÑEIRO.

 Para cubrir o formulario de admisión poderase facer a través do anexo que lles enviamos ou ben na aplicación admisionalumnado (http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) a través do menú:    Solicitudes – Reserva – Crear solicitude de reserva.

 Despois deberán entregalo no centro no que se atopa matriculado o seu fillo/a ( no colexio de Soutelo ) ou ben presentalo a través da Sede Electrónica.

Preman nestes enlaces se queren descargar o formulario (galego ou castelán).

Formulario galego

Formulario castelán

FOLLA DE APUNTAMENTO ÁS ACTIVIDADES DE BIBLIOTECA (15:30-17:00)

Aquí deixamos a folla que deberán cubrir aquelas familias que desexen deixar aos seus fillos-as ás actividades de tarde de Biblioteca. Aqueles alumnos-as que non queden non deberán cubrir nada.

PREMEDE NO ENLACE E LEDE AS INSTRUCIÓNS

ENLACE 

LISTADOS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DE PRIMARIA CURSO 22023/2024

Nos seguintes enlaces poderán consultar os libros de texto e material de 1º a 6º de Primaria.

 

O alumnado de Infantil non ten que mercar nada. Na vindeira semana terá lugar unha reunión coas titoras de Educación Infantil  onde serán debidamente informados.

 

PREMAN SOBRE OS SEGUINTES  ENLACES PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN

 

LIBROS DE TEXTO DE PRIMARIA

LIBROS E MATERIAL DE 1º PRIMARIA

LIBROS E MATERIAL DE 2º DE PRIMARIA

MATERIAL DE 3º/4º DE PRIMARIA

MATERIAL DE 5º/6º PRIMARIA

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 23-24

 

ADMISIÓN ALUMNADO

CURSO 2023/2024

Comezo do proceso de admisión de alumnado (do 1 ao 20 de marzo) para o vindeiro curso 2023/2024.

Instrucións:

Só se pode presentar 1 solicitude de admisión que irá dirixida á dirección do centro que elixiron como primeira opción.

Forma de presentación das solicitudes:

   A través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

   Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

   Recollendo o formulario Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.

Enlaces de interese:

Admisión alumnado

Sede electrónica

Modelo solicitude ED550B (galego)

Modelo solicitude ED550B (castelán)

 

Documentación a presentar coa solicitude:

Anexo II + Anexo II bis (DOGA, nº 212, 8 de novembro de 2022 ).

Documento que acredite a idade do alumno/a ( DNI ou Libro de Familia e no seu caso copia e orixinal para o cotexo).

No caso de alumnado xa escolarizado e polo tanto procedente doutro centro, terá que presentar certificado de matrícula do centro de procedencia.

 

De ser o caso:

 

Documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo 

No caso de separación ou divorcio a solicitude deberá estar asinada polos dous proxenitores, agás casos de violencia de xénero ou perda da patria potestade, e deberán presentar o convenio regulador ou a resolución xudicial de divorcio ou separación.

 

 

Listaxe provisional de admitidos: 25 de abril 

Listaxe definitiva de admitidos: 15 de maio 

Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 

 

Distribuir contido