DÍA DA BIBLIOTECA

O día 24 de outubro celebrouse o DÍA DA BIBLIOTECA.

Como tódolos anos, chegaron ao noso cole os carteis alusivos ao tema e xa os colocamos polos corredores.

 


O lema elexido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR,  trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.

Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado.

 

 

REAPERTURA DA BIBLIOTECA

 

Xa vos decatastes que na porta da nosa biblioteca está colocado un cartel no que aparece unha imaxe como esta. Todo é porque estamos facendo cambios e melloras.

En breve veredes os resultados e xa nos comentaredes que vos parecen.

O día 24 temos prevista a súa reapertura... e algunha que outra sorpresiña...


CURSO 2013-2014. CALENDARIO ESCOLAR

Na Orde do 24 de maio de 2013 apróbase o calendario escolar para o curso 2013/2014, nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

No archivo adxunto podedes acceder ao documento.

 

 

MARCHAMOS DE VACACIÓNS

Que pasedes un bo verán e desfrutade das vacacións!!!

 

 

Vémonos en setembro!!!

Distribuir contido