8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA


Hoxe celébrase o DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

Este día 8 de marzo, converteuse nun día de reivindicación por unha igualdade real entre mulleres e homes nos distintos ámbitos: laboral, social e político.

O único xeito que temos de chegar a unha igualdade entre homes e mulleres, é desde a educación, cunha educación en valores igualitaria e non sexista.

 

 

 

24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro de 1837 nacía a nosa máis recoñecida escritora, a grande Rosalía de Castro.

 

Este día está recollido oficialmente como DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.

Este ano cúmprese o 175 aniversario.

Dende aquí e como agasallo para ela, un vídeo dos Gaiteiros de Soutelo tocando a Alborada "Rosalía de Castro" e dous vídeos máis de algúns dos seus poemas.

 

                 

   

 

 

 

CONTACONTOS CON RAQUEL QUEIZÁS

O martes tivemos unha visitiña moi especial no colexio...a de RAQUEL QUEIZÁS.

Foi por xentileza da editorial Vicens Vives, e como non...foi unha delicia!!!

En dous grupos, primeiro o alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º e logo, sobre as 12:30 o resto do alumnado,estivemos gozando unha vez máis cos seus contos.

Moitas gracias. Aquí vos deixamos unha presentación coas fotos....

 


CANTANDO E BAILANDO CON SUSA HERRERA

O luns 18 de febreiro tivemos a gran sorte de ter na escola a Susa Herrera.

 

Veu a presentarnos o seu último libro-CD "En Cabárceno se oye cantar". Este traballo está adicado aos animais deste parque natural de Cantabria.

A verdade e que pasamos un momento máxico e descubrimos como os contos tamén se poden cantar e bailar...foi máis que divertida a sesión!

Moitas gracias Susa e oxalá volvas pronto  a vernos!

Estas son algunhas fotos, se ides a galería atoparedes máis.


Distribuir contido