CHARLA SOBRE INTERNET

Hoxe pola mañá contamos coa visita dunha expeta no campo das Novas Tecnoloxías no colexio.


Como estaba previsto, estívonos contando o interesante que é facer un uso axeitado de internet pero, tamén nos explicou todos os perigos que pode supoñer,  facer un mal uso do correo electrónico, das redes sociais,etc.

Estamos falando de nenos/as pequenos, eles precisan a supervisión por parte dun adulto para así coñecer as claves dunha navegación segura.

Aquí vos deixamos o vídeo utilizado para que recordedes cales son as 10 CLAVES PARA USAR INTERNET CON SEGURIDADE:



CHEGOU A NEVE A SOUTELO!

Hoxe é un día un tanto especial...cambiamos os lápis por bolas de neve...si, si....mirade que paisaxe tan branco...aquí vos deixamos unhas fotiños da nevada de recordo....

 

CHARLA SOBRE AS VENTAXAS E INCONVENIENTES DO USO DE INTERNET

01/24/2013 11:00
01/24/2013 12:00
Etc/GMT+1

De 11:00 a 12:00, o xoves 24 de xaneiro teremos unha charla no centro sobre como facer un uso axeitado de internet.

SAIDA DO 3º CICLO: ODAIKO NAS ESCOLAS

01/21/2013 10:00
01/21/2013 13:00
Etc/GMT+1

O vindeiro día 21, o alumnado do 3º ciclo irá ata Pontevedra para disfrutar do concerto que ofrecerá ODAIKO, un grupo de percusión.

Xa vos informaremos de como foi todo.

Distribuir contido