FESTIVAL DE NADAL

Para rematar este primeiro trimestre e dar paso ás vacacións de Nadal, o día 22 de decembro tivo lugar no cole o tradicional Festival de Nadal.

Foi todo un éxito...mirade o programa e as fotografías na galería. Aquí queda un resumo:


Panxoliña: RODOLFO O RENO------------------Alumnado de Educación Infantil 

Coreografía: UN LOBIÑO NO PORTAL---------------- alumnado de Educación Infantil

DÍA DA MÚSICA

O día 22 de novembro celébrase o DÍA DA MÚSICA. No noso cole tivemos a sorte de contar cun grande artista para conmemorar dita celebración, leva por nome: ORQUESTRA CÉ PANTASMA e foi toda unha experiencia...

Tanto os máis pequenos/as como os non tan pequenos/as pasámolo xenial, cantamos, bailamos e o máis importante: DISFRUTAMOS DA MÚSICA!!!!

Na seguinte presentación podedes ver unha mostra das fotos que agardamos que vos gusten moito...


20 DE NOVEMBRO. DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA.

O 20 de novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia proclamados en 1959 na Asamblea Xeral da ONU. Este día lémbranos que todavía hai dereitos que non se están a cumprir e que non todos os nenos/as teñen as mesmas oportunidades.

Ollade este fermoso vídeo que así no lo recorda:

CROSS

01/16/2013 11:00
Etc/GMT+1

Comezamos coas actividades do programa XOGADE.

A primeira terá lugar o vindeiro día 16 de xaneiro no circuito da Madanela e trátase de CROSS.

Moita sorte e ánimo para todos/as!!



Distribuir contido