DEMOSTRACIÓN DE CAPOEIRA

O día 21 de setembro estiveron no colexio representantes da asociación deportiva cultural CAPOEIRA ANGOLA ZIMBA para presentarnos o proxecto de Capoeira Angola que están desenvolvendo: "VEN JOGAR MAIS EU".

O proxecto ten como eixe a práctica da Capoeira Angola- actividade física, ximnástica, atlética e deportiva de carácter recreativo-.

A Capoeira é un instrumento pedagóxico que traballa coa música, coa danza, o xogo lúdico, a expresión cultural, o teatro, a psicomotricidade, desenvolvendo deste xeito a creatividade, o equilibrio emocional, a afectividade, a sociabilidade, a determinación, a coordinación motora, a flexibilidade e a forza.

Despois de contarnos en que consistía a Capoeira ensináronnos un montón de instrumentos e fixéronnos unhas demostracións, bueno todos os rapaces/as tiveron a oportunidade de iniciarse na..."Capoeira".

Botádelle un ollo ás fotos da galeria

CALENDARIO ESCOLAR 2012-2013

 

No documento adxunto pódese acceder ao calendario escolar 2012-2013

MATRÍCULA CURSO 2012/2013


MATRÍCULA CURSO 2012/2013


DE ACORDO CO ESTABLECIDO NO ARTIGO 9º.2 DA ORDE DO 17 DE MARZO DE 2007, ÁBRESE O PRAZO DE MATRÍCULA NESTE CENTRO PARA O VINDEIRO CURSO 2012/2013, DESDE O UN DE MARZO ATA O DEZ DE ABRIL, AMBOS INCLUIDOS.


A DOCUMENTACIÓN QUE SE PRECISA PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA É A SEGUINTE:

 

ONDE NOS ATOPAMOS

 

A vista frontal

 

 

 

Atopámonos na Rúa do Grupo Escolar , 31 - Soutelo de Montes

C.P. 36560 Forcarei- Pontevedra

Tfno: 886 15 12 37

Fax: 886 15 12 40

e-mail: ceip.soutelo.montes@edu.xunta.es

Distribuir contido