ADMISIÓN ALUMNADO 2024-2025

Comezo do proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2024/2025.

Instrucións:

Só se pode presentar 1 solicitude de admisión que irá dirixida á dirección do centro que elixiron como primeira opción.

Forma de presentación das solicitudes:

·         A través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

·         Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

·         Recollendo o formulario Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.

Enlaces de interese:

·  Admisión alumnado

   Sede electrónica

·  Modelo solicitude ED550B (galego)

·  Modelo solicitude ED550B (castelán)

Documentación a presentar coa solicitude:

       Documento que acredite a idade do alumno/a ( DNI ou Libro de Familia e no seu caso copia e orixinal para o cotexo).

·         No caso de alumnado xa escolarizado e polo tanto procedente doutro centro, terá que presentar certificado de matrícula do centro de procedencia.

·         No caso de separación ou divorcio a solicitude deberá estar asinada polos dous proxenitores, agás casos de violencia de xénero ou perda da patria potestade, e deberán presentar o convenio regulador ou a resolución xudicial de divorcio ou separación.

·         No caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade á Consellería de Educación terán que entregar copia do DNI do pai e da nai do/a alumno/a.

Listaxe provisional de admitidos: 25 de abril 

Listaxe definitiva de admitidos: 15 de maio 

Formalización de matrícula: do 20 de xuño ao 1 de xullo.

ENTROIDO 2024

PREMEDE NA IMAXE PARA PODER VER TODA A INFORMACIÓN E IMAXES DO DÍA DO ENTROIDO 2024

RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO

 

Ábrese o prazo para facer a RESERVA DE PRAZA ( do 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro 2024), para os alumnos e alumnas que no vindeiro curso 2024/2025  pasan a 1º ESO e continúan os seus estudos no centro ao que está adscrito o CEIP de Soutelo de Montes: IES CHANO PIÑEIRO.

 Para cubrir o formulario de admisión poderase facer a través do anexo que lles enviamos ou ben na aplicación admisionalumnado (http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) a través do menú:    Solicitudes – Reserva – Crear solicitude de reserva.

 Despois deberán entregalo no centro no que se atopa matriculado o seu fillo/a ( no colexio de Soutelo ) ou ben presentalo a través da Sede Electrónica.

Preman nestes enlaces se queren descargar o formulario (galego ou castelán).

Formulario galego

Formulario castelán

Distribuir contido