Programa de Estimulación da Linguaxe Oral

Nas pasadas sesións do Programa de Estimulación da Linguaxe en Educación Infantil, estivemos traballando o sopro, que é un dos aspectos básicos e necesarios para unha correcta articulación da linguaxe. Para exercitar este aspecto, sopramos pintura con palliñas sobre un mural negro, e cada un dos nenos/as pintaron o seu propio astronauta, a continuación deixamos unhas fotos para que vexades como o pasaron e cal foi o resultado do traballo, esperamos que vos guste...