CLAUSURA DA ACTIVIDADE DEPORTIVA ESCOLAR DO CURSO 2022 - 2023

Este  venres 2 de xuño levouse a a cabo a clausura da actividade deportiva escolar formando parte do programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar). 

 

A clausura tivo lugar no circuito de karting de A Madalena, en Forcarei. Alí desprazáronse os centros escolares que participaron nas múltiples actividades ao longo do curso. 

 

A xornada comezou coa entrega de medallas individuais e posteriormente levouse a cabo a entrega de trofeos por cursos. Máis tarde subiron ao podio aqueles alumnos e alumnas clasificados en primero, segundo e terceiro lugar de cada actividade. 

 

Para rematar a xornada desfrutamos dunha actividade de baile e posterior merenda saudable. 

 

Grazas a todas e todos pola vosa participación!!!