DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celébrase o DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA.

No cole estivemos realizando actividades varias e aquí vos amosamos algunhas delas:

 

UN MURAL COLECTIVO:

O MURAL DOS PEQUES DE INFANTIL

OS IMÁNS DO ALUMNADO DE 4º

 

Ademais, o venres pola tarde estivemos todos xuntos na aula de vídeo, facendo un recorrido histórico nesta data, e como o fixemos?

Primeiro,ca lectura e visionado dun documento informativo:

          

 

O alumnado de 6º recitou un fermoso poema:

        

Tamén cantamos unhas cancións:

             

     

O alumnado do 2º ciclo presentounos un libro que elaboraron con frases pola paz. Explicáronnos quen foron algúns personaxes que o longo da historia loitaron pola paz e así coñecemos algo máis sobre as súas vidas. Este traballo pronto o teremos en formato dixital e tamén dispoñible na biblioteca para que o podades ollar.

 

Para rematar, xuntámonos no ximnasio e por cursos, fóronse explotando os globos brancos coas mensaxes e facendo unha lectura colectiva. Nas seguintes presentacións podedes ver estas últimas actividades.