2 DE ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

 

O día 2 de abril conmemórase, tal e como se vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBY ( Organización Internacional para o Libro Xuvenil)declarou esa data como o Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer  bos libros a todas as nenas e nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas. 

Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana PAT MORA e o ilustrador do cartel é o estadounidense ASHLEY BRYAN.


 

Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.

Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.

Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

Poema de Pat Mora
Traducción: Concha Blanco

 

 

 

 

 

21 DE MARZO. DÍA DA POESÍA

Alá polo 1999 a UNESCO declarou o Día 21 de marzo como o Día Mundial da Poesía.

O alumnado, nesta ocasión de 4º de Educación Primaria, traballou con un poema da autora galega ROSALÍA DE CASTRO, personaxe estrela, xa que este ano se conmemora o 150 aniversario da primeira publicación do seu libro Cantares Galegos.

Como estamos en terra de gaiteiros, o poema non podía ser outro, escolleuse "UN REPOLUDO GAITEIRO".

 Despois de varios ensaios e de preparar un cartel conmemorativo o alumnado recitou este fermoso poema.



En breve, subiremos o vídeo.


DEPORTE ESCOLAR CERDEDO-SOUTELO

Desta volta, e de novo na casa o xoves 21, o noso alumnado xogou cos equipos do CEIP San Xoan Bautista de Cerdedo. A xornada estivo ben reñida e foi moi divertida que é o que conta!!! 

Ollade as fotos na galeria.

OS NOSOS CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS DE SOUTELO

Desde o día 22 de febreiro o alumnado de Educación Infantil, xunto coas súas profes, Chus e Patricia, embarcáronse nun novo proxecto.

A idea xurdiu despois de que os pequenos e pequenas se disfrazaran de profesionais da cociña no Entroido.

Na aula, despois dun pequeno debate concluiron que o sal, a auga e o aceite eran ingredientes que sempre estaban presentes nas receitas, por iso, como bos profesionais, comezaron a investigar para coñecer a perfección estes tres ingredientes.

Inicialmente estaban previstos cinco experiementos aínda que foron xurdindo algunhas inquedanzas que tamén se resolveron.

Na seguinte presentación podedes ver un resumo desta gran experiencia e o inicio na investigación.


Distribuir contido