O ENTROIDO

O día 8 deste mes celebramos o Entroido.

Desta vez, escollemos como tema central  AS PROFESIÓNS, e claro que se traballou arreo...

Cada clase escolleu un traballo e... MANS A OBRA!!!

Desde a chegada ó cole ás 10:00 os nervios estaban a flor de pel e había moita impaciencia por lucir os disfraces. Sobre as 11:00 fíxose a saída cara o pobo e estivemos na Praza do Gaiteiro. Alí disfrutamos dun rico chocolate co que nos agasallaron desde a ANPA. Xa de volta no colexio, un típico xantar nos agardaba así como, uns doces moi sabrosos.

Sin máis, unhas fotos da celebración....pinchade no seguinte enlace para velas todas.


OS COCIÑEIROS/AS DE INFANTIL.....RICO, RICO!!!!


 

OS TUNEROS/AS DE 1º CICLO.....CLAVELIÑOS, CLAVELIÑOS...

 

OS PIZZEROS/AS DE 3º........SOUTELO PIZZA DÍGAME?

 

OS CAMAREIROS/AS DE 4º .....CAMARERO!!!...QUE?

 

OS MÚSICOS DE 3º CICLO.....CHEGA A BANDA DE SOUTELO!!!



DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celébrase o DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA.

No cole estivemos realizando actividades varias e aquí vos amosamos algunhas delas:

 

UN MURAL COLECTIVO:

O MURAL DOS PEQUES DE INFANTIL

OS IMÁNS DO ALUMNADO DE 4º

 

Ademais, o venres pola tarde estivemos todos xuntos na aula de vídeo, facendo un recorrido histórico nesta data, e como o fixemos?

Primeiro,ca lectura e visionado dun documento informativo:

          

 

O alumnado de 6º recitou un fermoso poema:

        

Tamén cantamos unhas cancións:

             

     

O alumnado do 2º ciclo presentounos un libro que elaboraron con frases pola paz. Explicáronnos quen foron algúns personaxes que o longo da historia loitaron pola paz e así coñecemos algo máis sobre as súas vidas. Este traballo pronto o teremos en formato dixital e tamén dispoñible na biblioteca para que o podades ollar.

 

Para rematar, xuntámonos no ximnasio e por cursos, fóronse explotando os globos brancos coas mensaxes e facendo unha lectura colectiva. Nas seguintes presentacións podedes ver estas últimas actividades.


 

 

 

CROSS

Por fin!!!!!

Despois de cambiar de data unhas cantas veces debido ó tempo, o martes 29 de xaneiro fomos, xunto co resto de colexios participantes, ó circuito da Madalena a celebrar as competicións de CROSS.

A decir a verdade, o tempo non quixo acompañarnos e estivo unha xornada un tanto húmida, vento, frío e algo de choiva pero....ía impedir iso que perderamos a ilusión e as ganas de participar? 

Imposible....aquí nos tedes...

Pasámolo moi ben e tivemos moi bos resultados.

O ESFORZO SEMPRE TEN RECOMPENSAS!

Estes son algúns dos nosos rapaces e rapazas na meta...PARABÉNS!!


Por certo...temos que dar as gracias a todos os colaboradores e colaboradoras na xornada, especialmente para repartir o exquisito chocolate que tomamos....estaba delicioso e que ben lle sentou o corpo!!!

          

          

 

No seguinte enlace que leva a galería poderedes ver máis fotos.    


CHARLA SOBRE INTERNET

Hoxe pola mañá contamos coa visita dunha expeta no campo das Novas Tecnoloxías no colexio.


Como estaba previsto, estívonos contando o interesante que é facer un uso axeitado de internet pero, tamén nos explicou todos os perigos que pode supoñer,  facer un mal uso do correo electrónico, das redes sociais,etc.

Estamos falando de nenos/as pequenos, eles precisan a supervisión por parte dun adulto para así coñecer as claves dunha navegación segura.

Aquí vos deixamos o vídeo utilizado para que recordedes cales son as 10 CLAVES PARA USAR INTERNET CON SEGURIDADE:



Distribuir contido