CHEGOU A NEVE A SOUTELO!

Hoxe é un día un tanto especial...cambiamos os lápis por bolas de neve...si, si....mirade que paisaxe tan branco...aquí vos deixamos unhas fotiños da nevada de recordo....

 

CHARLA SOBRE AS VENTAXAS E INCONVENIENTES DO USO DE INTERNET

01/24/2013 11:00
01/24/2013 12:00
Etc/GMT+1

De 11:00 a 12:00, o xoves 24 de xaneiro teremos unha charla no centro sobre como facer un uso axeitado de internet.

SAIDA DO 3º CICLO: ODAIKO NAS ESCOLAS

01/21/2013 10:00
01/21/2013 13:00
Etc/GMT+1

O vindeiro día 21, o alumnado do 3º ciclo irá ata Pontevedra para disfrutar do concerto que ofrecerá ODAIKO, un grupo de percusión.

Xa vos informaremos de como foi todo.

FESTIVAL DE NADAL

Para rematar este primeiro trimestre e dar paso ás vacacións de Nadal, o día 22 de decembro tivo lugar no cole o tradicional Festival de Nadal.

Foi todo un éxito...mirade o programa e as fotografías na galería. Aquí queda un resumo:


Panxoliña: RODOLFO O RENO------------------Alumnado de Educación Infantil 

Coreografía: UN LOBIÑO NO PORTAL---------------- alumnado de Educación Infantil

Distribuir contido