CELEBRAMOS O SAMAÍN/HALLOWEEN

O día 31 de outubro  pola tarde  celebramos o SAMAÍN, esta festa tan terrorífica que ten orixe celta e que noutros lugares do mundo como EEUU, Irlanda, Canadá...se coñece co nome de HALLOWEEN.

Fixemos unha exposición na entrada do colexio con todas as cabazas participantes no concurso que  organizamos e para o que pedimos a colaboración das familias, e claro, resultou todo un éxito!

      

      

      

Estivemos vendo uns vídeos e cantando unhas cancións sobre esta festa na sala de vídeo

CHEGA O SAMAÍN

No colexio xa estamos alborotados/as...chega o SAMAÍN....e polos corredores xa hai unha chea de cabazas preparadas para asustar,uuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu, algunhas dan medo...

Mentras chega e non esta noite tan terrorífica...aquí quedan uns vídeos cunhas cancións, que poden servir para escorrentar as pantasmas, esqueletos, bruxas e curuxas...ide ensaiando!

PROGRAMA PRENSA-ESCUELA DE LA VOZ DE GALICIA

Este curso, como novidadee, querémosvos informar de que no terceiro ciclo estamos participando no programa PRENSA ESCUELA.

No lateral esquerdo da páxina está un bloque onde atoparedes moita información relativa a este programa.

 

DEMOSTRACIÓN DE CAPOEIRA

O día 21 de setembro estiveron no colexio representantes da asociación deportiva cultural CAPOEIRA ANGOLA ZIMBA para presentarnos o proxecto de Capoeira Angola que están desenvolvendo: "VEN JOGAR MAIS EU".

O proxecto ten como eixe a práctica da Capoeira Angola- actividade física, ximnástica, atlética e deportiva de carácter recreativo-.

A Capoeira é un instrumento pedagóxico que traballa coa música, coa danza, o xogo lúdico, a expresión cultural, o teatro, a psicomotricidade, desenvolvendo deste xeito a creatividade, o equilibrio emocional, a afectividade, a sociabilidade, a determinación, a coordinación motora, a flexibilidade e a forza.

Despois de contarnos en que consistía a Capoeira ensináronnos un montón de instrumentos e fixéronnos unhas demostracións, bueno todos os rapaces/as tiveron a oportunidade de iniciarse na..."Capoeira".

Botádelle un ollo ás fotos da galeria

Distribuir contido