XOGADE: DEPORTE ESCOLAR

Seguindo coa planificación do programa: "XOGADE" o xoves 30 de marzo desprazámonos ao CEIP de Tenorio para desfrutar doutra xornada de convivencia onde competimos en tres modalidades: fútbol, balonman e baloncesto.

PASÁMOLO XENIAL!!

 

 

21 DE MARZO: DÍA DA ÁRBORE

O martes 21 de marzo, participamos nunha actividade conxunta entre o CEIP Soutelo de Montes, A Mancomunidade de Montes de Vilapouca e o Distrito Forestal XVI.

O día da árbore comezou cunha camiñata ata o monte comunal de Vilapouca onde o alumnado, profesorado e axentes forestais ademais dos comuneiros de Vilapouca compartimos grandes momentos. Podedes ver as actividades que realizamos e canto aprendimos e nos divertimos.

 

VIVA A NATUREZA!!!

LEMBRADE QUE HAI QUE COIDALA MOITO!!! 

Distribuir contido