Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Neste trimestre o alumnado do centro estivo acudindo en dúas xornadas diferentes  a unhas charlas sobre Igualdade. Estas charlas estiveron organizadas pola ANPA Meixoeiro.  

CHARLA IGUALDADE I

 

CHARLA IGUALDADE II

COMO BROCHE FINAL A ESTA ACTIVIDADE O NOSO ALUMNADO GUIADO POR ANA, DECOROU O CORREDOR DA ENTRADA DA NOSA BIBLIOTECA.

MIRADE QUE ARTISTAS TEMOS NO CENTRO: 

Diseño de ROSA ARES PAZOS

Para poñer o broche final a este día tan especial, o Concello de Forcarei, convidounos a realizar unha actividade xunto co CEIP Nosa Señora das Dores, onde cada neno-a levou unha man de cartolina que representaba o STOP VIOLENCIA, e nela escrita unha oración rexeitando este tipo de condutas. Logo todos-as asistimos á lectura dun MANIFESTO por parte da Concellería de Igualdade. MOITAS GRAZAS AO CONCELLO DE FORCAREI POR FACERNOS PARTÍCIPES DESTA ACTIVIDADE Aquí vos deixamos unhas imaxes neste vídeo dun día tan importante para a sociedade.

 
*FORCAREI LOITA CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS DENDE A INFANCIA*
Máis dun cento de escolares de Soutelo de Montes e Forcarei participaron na creación dun mural coas súas mans, unha acción impulsada polo Concello para conmemorar o 25N.

Distribuir contido