DÍA DA PAZ 2016

O pasado día 29  de xaneiro estivemos realizando distintas actividades para conmemorar o DÍA DA PAZ.

Os máis peques, coa axuda da profe Chus, crearon a fábrica de caramelos "PAZ". Pedíronnos a colaboración de tod@s e así o fixemos !!! Fomos para a biblioteca e creamos os caramelos máis doces que se nos ocurriron...quedaron moi fermosos todos expostos nun mural colectivo.

 

Non perdemos detalle dun vídeo titulado "La disputa de los colores" no que nos recorda a importancia do traballo en equipo e tamén da amizade.

O alumnado de 6º estivo recordándonos o porqué da celebración desta data así como a figura de Gandhi.

Para rematar, unímonos tod@s a cantar a canción de Juanes e Pablo López "Tu enemigo".

 

Os maiores incluso nos sorprenderon cunha pequena coreografía.

Podedes ver outras fotos na galería.