Skip to Content

blogue deTamara Suárez

Bo Nadal!

O alumnado e profesorado do colexio desexamos que a maxia destas datas chegue a todos os vosos fogares e que gocedes destes días en familia e con moita saúde!

Feliz Nadal e Feliz 2022!

Rap dos Dereitos Humanos

Día dos Dereitos Humanos

Saídas pola vila na 1ª avaliación

Na primeira saída, Begoña ensinounos moitas cousas sobre a nova vila. Comezamos pola IGREXA DA VILA DO MEDIO. Aprendimos como era na súa orixe e como debido ao crecemento de Burela,  pechouse e abandonouse. No 1973, uns nenos descubriron, por casualidade, que había unhas pinturas nos seus muros. Comezou a restauración, pero as condicións da igrexa,  que ten moita humidade, dificultan moito a súa conservación. 

Durante a visita á igrexa, Begoña tamén nos explicou que Burela era un importante porto baleeiro, como era o procedemento de captura de balea, un traballo realizado principalmente por xente de orixe vasca e como houbo xente emprendedora da vila que comezou pouco a pouco a vivir do mar. Xa que ata aquel momento, a xente de Burela adicábase a unha agricultura de subsistencia, pesca e marisqueo na zona da Ribeira.

Tamén visitamos a FONTE DA LAMELA e o LAVADOIRO, un antigo lavadoiro onde as mulleres lavaban a roupa, un lugar de traballo e de reunión.

Visitamos tamén a zona de Cinoche ata chegar ao CASTIÑEIRO CENTENARIO, unha árbore moi especial da vila. Antigamente había dous, pero unha tormenta destrozou un. O castiñeiro mide aproximadamente 25 metros e é unha árbore autóctona da zona co tronco moi rugoso debido á súa idade.  Os terreos onde medran castiñeiros son fértiles, porque as súas follas, ao caer enriquecen o solo. Falounos das propieddades antiinflamatorias e tamén dos usos da madeira de castiñeiro.

Xa por último, de volta ao colexio, detivémonos nunha estrutura típica da arquitectura popular galega: os cabozos. Falounos da súa estrutura, os pés, as alturas… para que se usaban, etc.

Foi un día moi produtivo e no que aprendimos moito sobre Burela.

Grazas  Begoña, por acompañarnos e ensinarnos tanto!

Uns dias despois, da man de Brixída e tamén coa compañía de Begoña, aprendimos sobre os MONTES VECIÑAIS, moi comúns en Galicia e aos que a xente da vila levaba o seu gando, tamén para recoller estrume para os seus animais… Noutras zonas non existen este tipo de montes veciñais xa que foron vendidos para recaudar cartos, pero en Galiza a xente opúxose ameazando seriamente ás persoas que decidiran mercalos.

Bríxida explicounos as zonas onde había este tipo de montes: Rozas vellas , Vilar e Monte Castelo.

Ademais, falounos das especies máis típicas destes montes. Tamén nos falou do camiño que separa Cervo de Burela; do depósito de auga para previr incendios,  da importancia de conservar a natureza. Visitamos a capela que hai no Monte Castelo, vimos ao lonxe o monumento  ao comuneiro, falounos da zona de pedras que hai preto do noso colexio, da “pista” de tiro que non se pode usar…

E por último, plantamos varias especies de árbores nunha zona do monte que non tiña e despois, merendamos. Tamén foi unha xornada de moita aprendizaxe!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut