Skip to Content

blogue deTamara Suárez

Día de Rosalía

O pasado día 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, a nosa poetisa favorita, unha loitadora pola lingua e cultura galegas, figura clave do Rexurdimento galego. Ademais de recordar a súa vida e analizar algunha das súas poesías, elaboramos a nosa proposta para a actividade #Sementadepensamentos proposta pola Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, no que recollimos algúns dos seus versos. 

 

PROTECTORAS DA NATUREZA!

E xa entregamos por fin os diplomas e as chapiñas das alumnas Naia, Aldara, Uxía e Ainara. As catro son e serán grandes protectoras da natureza e fixeron uns traballos fantásticos que puidestes ver nas entradas que xa compartin fai uns días! Parabéns, chicas!

Ordes do Meco

E xa estamos a piques de comezar co ENTROIDO, por iso o alumnado de 6º preparou con moita ilusión as ORDES DO MECO.

Estade atentos/as porque cada día colgaremos a nova orde, a orde coas instrucións para vir ao día seguinte. O venres aparecerá a primeira, a do luns!

 

RETO 3: NATUREZA. Contos.

E agora que xa estamos chegando ao final do noso reto 3, comparto con vós, os marabillosos traballos que recibín para o concurso. Xa entreguei as pegatinas para que enchades os vosos pasaportes e os detalliños para entregarvos para agradecervos a vosa participación, PROTECTORES DA NATUREZA!

Ademais, aproveito para compartir con vós o libro de historias que fixemos colaborativamente cos nosos socios europeos: FRIENDS FOR OUR PLANET!

Distribuir contido


by Dr. Radut