Skip to Content

blogue deTamara Suárez

Mes da poesía 6ºB

Con motivo do mes da poesía e partindo do noso PDI de centro, Friends for our planet!, versionamos cancións populares galegas, adaptando a súa letra e lanzando a través dela unha mensaxe de coidado e protección da natureza.

Agradecemos a colaboración do profe André para poder recitalas :)

 

  

 

Do dereito e do revés

Os alumnos Ainara e Xin elaboraron este stop motion baseado nesta historia tan fermosa titulada "Do dereito e do revés", no que Lía, un carballo moi divertido vai en busca dun lugar onde poder asentarse.

ESPAZOS NATURAIS DE GALIZA

O alumnado de 5º e 6º elaborou, dentro do PDI do curso, Friends for our planet! e máis concretamente do Challenge 3: Preserving Nature, un mural con traballos de investigación sobre distintos espazos naturais da nosa comunidade. Espazos de especial interese e importancia natural que debemos coñecer, valorar e protexer xa que forman parte do noso patrimonio natural. 

Día da Muller

Esta pasada semana celebramos o Día Internacional da Muller, para reinvindicar a igualdade de dereitos e oportunidades. 

O primeiro que fixemos foi pensar na nosa muller favorita, aquela á que admiramos e queremos a partes iguais, e escribímoslle con moito cariño unha carta de agradecemento por estar presente na nosa vida. 

Elaboramos tamén un cartel con palabras relacionadas coa igualdade e con mulleres importantes na historia e na actualidade, polas súas loitas ou polos seus logros. E tamén incluímos esas mulleres que nos rodean e que dalgunha forma tamén son importantes para nós.

 

Ademais, aproveitando a visita de BATUKO TABANKA, investigamos sobre os seus comezos, as súas integrantes, o tipo de música e as súas cancións máis importantes. O grupo vén de recibir hai uns meses o premio MESTRAS DA MEMORIA concecido pola Asociación de Escritores/as en Lingua Galega. Contar coa súa presenza foi unha experiencia xenial, da que gozamos moito. Ademais, Antonina e as súas compañeiras lanzaron unha mensaxe de igualdade, de acabar coa violencia contra a muller e que tamén se reflicte nalgunhas das súas cancións. 

Distribuir contido


by Dr. Radut