Skip to Content

blogue deTamara Suárez

Bélxica día 2: GBS De Bosmier

Ola a todos/as!

Onte pola mañá fomos ao colexio dos belgas, onde nos estaban esperando o alumnado belga, a directora, Greet e algúns mestres/as. 

Primeiro fixemos unha foto de grupo e despois repartímonos en varios equipos para facer algunhas actividades. Por un lado, visitamos o cole (o xardín, as aulas, os patios....) e por outro, fixemos actividades deportivas: pano, brilé, "the lion killer"... 

No medio das actividades merendamos un biscoito moi rico e para xantar, un perrito quente feito pola ANPA do cole e algunhas familias de 6º.

Tamén tivemos tempo de xogar todos/as xuntos/as un ratiño antes de comezar as actividades da tarde, que se trataba duns obradoiros relacionados co lixo: chaveiros, peixes de plástico, deseño de camisetas a partir de roupa vella... 

Para rematar tomamos un xeado e xogabamos ao fútbol.

Ao rematar o cole, fomos ao parque Keiheuvel, onde había tirolinas, unha especie de torre de araña, uns columpios voadores... Moitos dos/as nosos/as amigos/as belgas tamén nos acompañaron.

Volvimos camiñando ao albergue e ceamos sopa de tomate con mini albóndigas, macarrones de dous tipos carbonara e boloñesa, e os que quixemos tomamos de sobremesa un iogur.

Xogamos un pouquiño fóra do albergue, duchámonos e a durmir. Onte foi unha noite máis tranquila!

A nosa aventura continua! Estade atentos/as!

Un besiño, 

Dani M, Dani C, Óscar e Noel.

 

Bélxica Día 1: Viaxamos a Balen!

Ola a todos/as!

Hoxe comezamos a nosa aventura!

Levantámonos moi cedo para coller o bus ás 8.30, entre nervios, alegría, emoción...porque íamos a un país novo, coñecer xente máis, montar en avión...

A viaxe en bus ata Santiago foi un pouco longa. Ao chegar, fomos ao baño, etiquetamos as maletas para despois facturalas e conseguir as tarxetas de embarque. Despois comimos o que levabamos da casa e pasamos o control e embarcamos, case sen tempo que esperar!

Ao subir ao avión, buscamos cal era o noso sitio e colocamos no compartimento superior as nosas mochilas e abrigos. Xa estabamos listos/as para despegar!

A viaxe foi un pouco movidita, con turbulencias e algunha que outra baixada e subida, algo así entre medo e risa, pero chegamos moi puntuais e unha asistente de voo, felicitounos polo noso comportamento!

Ao aterrar en Bruxelas collimos a nosa equipaxe, fomos ao baño e xa atopamos a Greet (a directora do GBS de Bosmier) e Bert (un profe xa xubilado). Ao chegar ao bus, Greet tiñanos un pequeno agasallo: unha bolsiña de tea chea de cousiñas, auga, doces e algunha que outra cousa. A viaxe a Balen durou aproximadamente unha hora e media.

Ao chegar ao albergue Vogelsberg vimos que os nenos e as nenas de 6º do colexio e parte das súas familias estaban esperando para recibirnos e pasar con nós un bo rato. Subimos as maletas e xogamos a fútbol, falamos.... Ata a hora de cear, que foi algo cedo.

A cea estaba moi rica: sopa de tomate, carne estofada con patacas cocidas e cenorias, e de postre, mouse de chocolate!

Despois, mentres uns xogaban, outros  ducháronse e ao rematar, xa subimos á cama, pero non para durmir.... Estabamos demasiado nerviosos/as! Vaia noite lle demos aos profes! 

E non pensedes que nos costou madrugar, a eso das 6 da mañá xa estabamos a tope para comezar o día de hoxe!

Estade atentos/as que pola noite contámosvos máis! 

Ata pronto! 

Alexandra, Cintya, Erika e Veronice.

RETO 4: LIXO. O lixo que xeramos!

Desde o día 21 de marzo comezamos a depositar o lixo que imos xerando no centro en distintos colectores que nos prestaron no Concello para ser conscientes da cantidade e tamén da importancia de separalo correctamente, algo que aínda nos está costando.

A idea era que antes das vacacións puidesemos entre todos observar e pesar a cantidade total, pero como o tempo non o permitiu, o alumnado de 4ºA foi o encargado de realizalo.

O obxectivo desta actividade era concienciarnos e buscar solucións para tratar de reducir estas cantidades e por outro lado, compartir os nosos datos cos dos nosos socios europeos para comparalos.

Estes foron os datos obtidos no cole durante estes 15 días:

 

En maio volveremos facer outra pesada, esperando que a cantidade sexa inferior.

Agradecemos ao Concello que nos trouxera os colectores e tamén a Julio, que colaborase con nós nesta actividade!

Aprendemos sobre reciclaxe

Da man de Begoña e María José (de Gaia) o alumnado de 5º e 6º particiou nunha sesión de formación e xogo sobre os resíduos e os tipos que hai, a importancia dos 3R e empregalos da forma correcta "REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR" para evitar xerar tanto lixo e dos distintos colectores que hai (orgánico, de restos, de papel e cartón, de envases de vidro, de envases de plástico e outros máis específicos como o punto limpo, de lámpadas, de aceite, pilas...) e o lixo que debemos depositar en cada un deles e tamén o que non. Despois fixemos un xogo para poñer a proba o aprendido.

De seguro que isto contribuirá a concienciar mellor ao alumnado e as súas familias para ser máis respectuosos co medio ambiente. 

Grazas polo voso tempo e o moito que nos axudades e ensinades sempre! 

Distribuir contido


by Dr. Radut