Multisensorial

AULA MULTISENSORIAL

O CEIP Plurilingüe de Vite conta cunha aula multisensorial dende o curso académico 2021/2022, grazas ao apoio económico conseguido a través da participación nos CPInclúe e a dotación da Xunta. 

A AULA MULTISENSORIAL, está destinada ao alumnado que necesite experiencias de relaxación, estimulación, comunicación, atención… e en especial, para alumnos e alumnas con NEE e problemas asociados que necesitan unha estimulación específica debido a súa pluridiscapacidade.

A aula conta con materiais e recursos adaptados para estimular os diferentes sentidos: visual, auditivo, táctil, propioceptivo...

Un ambiente diferente de traballo con multitude de posibilidades e pensado para os nosos rapaces e rapazas.

 

Aula Multisensorial 1

Aula Multisensorial 2

Aula Multisensorial 3

Aula Multisensorial 4

Aula Multisensorial 5

Aula Multisensorial 6