Novas

TOLERANCIA Á FRUSTRACIÓN E APOIO CONDUTUAL NA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

13/05/2024 16:30
Europe/Madrid

O luns 13 de maio, pecharemos con Carmen Márquez, directora técnica da Asociación Autismo Bata, o ciclo de charlas de ENAPA (Escola de Pais e Nais), organizadas desde o Departamento de Orientación do centro, coa colaboración do CAFI e tendo en conta os intereses amosados polas familias, en coordinación coa ANPA.

 Como ben sabedes son gratuítas, pero requiren inscrición previa a través deste formulario. Dado o éxito da intervención de Carmen o curso pasado, esperamos un pleno de asistencia!

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS VERÁN 2024 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Dende o Departamento de Deportes do concello de Santiago de Compostela agradecen que difundamos entre a nosa Comunidade Educativa a seguinte información relacionada cos Campamentos Deportivos de verán 2024 da Deputación da Coruña.
 

 
 

Carta centros escolares 2024

         Ficha de inscrición 2024

 

CONVOCATORIAS DE BECAS DO MEC 24/25

Desde a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Coruña, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades informan que:

"Mañán empeza o prazo para a convocatoria de becas do MEC 24/25."

 

A mellor cara de Vite

Hoxe viñeron buscar, dende Servizos Sociais do Concello (coa visita da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude) e con axuda de Protección Civil e co apoio do Plan Sociocomunitario de Vite,

todo o monte de solidariedade que trouxéchedes para compartir co voso barrio.

Vitenses: sodes espectaculares.

Grazas!

Comeza o Entroido!

05/02/2024 09:30
09/02/2024 14:30
Europe/Madrid

OLLO AO MANDADIÑO DO Mecoespantallo

LUNS-> Que non che dea pereza: trae algo para a cabeza.

MARTES-> Imos, rapaces, imos troulear

coas nosas pulseiras chocando nas mans,

coidado coas pegas

que as queren roubar.

MÉRCORES-> Estes picariños,

que guapos están!!

con esa camisa de tres tallas máis,

para correr o Entroido toda  a mañá.

XOVES-> E rematamos os mandados

da cabeza ata os pés

cos zapatos decorados,

do dereito ou do revés.

 

Botádelle un ollo ao vídeo, que imos traballalo esta semana na escola!

Visita a escola de Vite!

19/02/2024 17:00
Europe/Madrid

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN DO ENTROIDO 2024

Achegamos información sobre o Programa Municipal de Conciliación do Entroido 2024 que o Dpto. de Educación do Concello de Santiago de Compostela pon a disposición das familias do centro.

 

Reto nutritivo! Actividade en 4º de primaria para EDUsaúde 23-24

 
Ola rapazada de 4ºEP!
 
O noso nutricionista favorito, Eloy Figueiras, quere retarvos a traer unha receita fresca e divertida para o tempo de calor, que ha de vir nalgún momento!.
 
Os maiores do barrio, dende o Centro Sociocultural de Vite, tamén van aportar as súas receitas e con todas imos elaborar un recetario con comidas saudables e ricas para a primavera.
 
Lembrade o aprendido, pois as receitas máis sabrosas levarán unha estrela de Sanaelhoy, e serán elaboradas nas cociñas de montóns de familias.
 
Nesta LIGAZÓN tedes a ficha da receita descargable!
 

 

PREME NA IMAXE! 

PUNTO LARANXA

 

No lateral dereito desta web agregouse a función PUNTO LARANXA, un espazo para que o alumnado poida comunicar situacións de acoso escolar de xeito anónimo.

As comunicacións realizadas a través do formulario irán a un enderezo habilitado para a coordinación de convivencia do colexio. A aplicación permite enviar resposta de xeito anónimo a IP dende a que se recibe.

 

 

COMO FUNCIONA O BUZÓN DO PUNTO LARANXA DO NOSO CENTRO?

Se estás a sufrir acoso ou ciberacoso escolar ou coñeces algún posible caso, axúdanos a paralo!

  1. Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas seguro/a.
  2. Localiza o Punto Laranxa no teu centro.
  3. Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar no teu centro).

 

Lembra que tamén podes achegar a túa mensaxe a través do Punto Laranxa que tes no lateral dereito desta web.

 

Visita ao centro ás 17h

28/02/2024 17:00
Europe/Madrid

Visita ao centro.