Familias

Visita a escola de Vite!

19/02/2024 17:00
Europe/Madrid

CHARLA DE FAMILIAS DO 18 DE MARZO

18/03/2024 00:00
Europe/Madrid

Na charla de ENAPA do 18 de marzo, a cargo da doutora en psicoloxía Miriam Otero Requeijo, aprendemos cousas moi interesantes sobre USO RESPONSABLE DA TECNOLOXÍA, inda que tivo pouca afluencia de familias.

Os días 20 e 21 de marzo o alumnado de 5º e 6º tamén tivo obradoiros sobre educación afectivo sexual e dispositivos conectados, con bo aproveitamento.

A coordinadora de programas en COIDADOSAMENTE, https://coidadosamente.com/, compartiunos uns cortos coa finalidade de dar divulgación á terminoloxía relacionada co mundo da tecnoloxía e as pantallas.

(ver vocabulario e curtas no pdf adxunto: CEIP de VITE - Dispositivos conectados (FAMILIAS - WEB)

Concerto-Merenda!

22/03/2024 19:30
Europe/Madrid

Visita ao centro ás 17h

28/02/2024 17:00
Europe/Madrid

Visita ao centro.

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

15/01/2024 00:00
05/02/2024 23:59
Europe/Madrid

Benqueridas familias de 6º de Primaria.

 

Iníciase hoxe o proceso de reserva de praza en centros de adscrición. O prazo vai do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

É dicir, o alumnado de 6º de Primaria poderá RESERVAR praza no IES XELMÍREZ II (o noso centro adscrito) para o curso 2024-25

Imos mandarvos copia física dos documentos polo alumnado, a ligazón por se queredes facelo ONLINE, e tamén a LIGAZÓN aos propios documentos por se queredes xestionalo vós.

Aqueles que non queiran reservar praza no IES Xelmírez II poderán informar ao CEIP de Vite por medio dun documento de renuncia. 

PS: Lembrade que, se queredes solicitar praza noutro instituto diferente, NON debedes reservar agora. Tedes que agardar a que se inicie o prazo de solicitude de praza (que é un proceso diferente).

ESCOLA DE FAMILIAS

APRENDEMOS XUNTOS PARA EDUCAR PARA O FUTURO

 

 

Aviso para as familias interesadas en asistir á charla organizada desde o Departamento de Orientación en colaboración coa ANPA, a cargo de Rosa Álvarez PradaPsicóloga clínica do Plan Sociocomunitario de Vite, baixo o título FACILITAR UNHA EDUCACIÓN SAUDABLEcompetencias socioemocionais nun mundo dixital”.

Hai un cambio na data,  será o día 30 de novembro ás 17:00 horas.

Rogamos comuniquen previsión e compromiso de asistencia, así como a proposta de temáticas para as vindeiras charlas o antes posible para poder organizar.

 

Reunións 3º e 6º de Ed. Primaria

07/09/2023
Europe/Madrid

Lembramos as seguintes reunións de Primaria.

3º A e B: xoves, 7 de setembro ás 10:00 horas no Salón de usos múltiples.

6º A e B: xoves, 7 de setembro ás 11:00 horas no Salón de usos múltiples.

Reunións Ed. Infantil

05/09/2023
Europe/Madrid

Lembramos que as reunións de Infantil son estas:

4º A: martes, 5 de setembro ás 10:00 horas no Salón de usos múltiples.

5º A: martes, 5 de setembro ás 16:30 horas no Salón de usos múltiples.

6º A: martes, 5 de setembro ás 17:30 horas no Salón de usos múltiples.